Para a Policía, as ameazas contra Carles Puigdemont e Pablo Iglesias proferidas por dous civís nun cuartel militar subidos nun tanque do Exército español non son máis que ‘brincadeira e chacota”. Así o cualificaron no seu informe. Por se isto fose pouco, tamén culpan Puigdemont das ameazas, xa que estas foron proferidas “nun contexto previamente creado pola persoa destinataria do seu sarcasmo”, quer dicir, o propio President da Generalitat.

 

 

Foi Puigdemont, a través dun chío e mediante algúns fragmentos, quen deu a coñecer o informe da policía. O President en funcións engadiu na súa conta do Twitter que hai “persoas inocentes en prisión preventiva pola súa ideoloxía” e son “perseguidos deputados, alcaldes, cantantes, mecánicos, mozos, programadores e pallasos”, ao tempo que a “dúas persoas subidas nun tanque proferindo ameazas non lles pasa nada”.

O mencionado informe da Policía contén abundantes pérolas, como que non está xustificada a abertura dun proceso penal porque o demandante ‘Puigdemont’ “non ofrece ningún elemento ou principio de proba que avale a súa verosimillanza, limitándose a afirmar a súa existencia sen ningún apoio obxectivo”.

Unha afirmación realmente alucinante, pois todo o mundo coñece as imaxes do vídeo, xa que foi divulgado en infinidade de medios, e, mesmo o propio Exército español recoñeceu os feitos e abriu expediente.

A Policía xustifica no seu informe que no actual ‘contexto’, en que Puigdemont é “obxecto de investigación polas Autoridades españolas pola súa aberta contradición co ordenamento xurídico” hai espazo para os “comentarios inventivos, sátiras e chacotas da cidadanía na rúa e, moi en particular, nas redes sociais”. Obsérvese como cando as “sátiras” proveñen desde a esquerda, entón xa non opinan o mesmo.

Finalmente, o informe toma parte en favor dos civís que gravaron o vídeo defendendo que “non consta en absoluto que o mozo que fixo o vídeo o subise á rede social ou a páxina web citadas na denuncia”, xa que en todo caso fíxoa correr “entre un grupo de amigos para watssapp [sic] ou calquera outro medio”. De feito, a policía xustifica que se tivese de ser condenado o autor do vídeo “sob o pretexto de que ao enviar a un amigo a mensaxe este pode reenviala a outro (…) a represión por este concepto abranxería límites orwelliana (sic) e irracionais”.

Obsérvese como cando as ‘sátiras’ proveñen da esquerda, entón xa non opinan o mesmo. Un despropósito en toda regra, aínda que nada que sorprenda. E é que, insistimos, o informe foi redactado pola Policía Nacional; un corpo represivo mantido polos contribuíntes, mais que traballa polos intereses dos grandes capitalistas dese ranzoso bagullo que chamamos España.

Fonte: Insurgente