Con data de rexistro 19/07/2016, a Defensoría del Pueblo enviou a EsCULcA resposta á Queixa presentada sobre os impedimentos postos por funcionarios do C.P. de Teixeiro ao avogado Fernando Blanco e a avogada Yolanda Ferreiro o día 30/12/2016 para comunicaren con tres internos dese penal.  Como a mesma DP sinala, a xustificación de Institucións Penitenciarias (negativa dos presos a comunicar) contrasta vivamente coa resposta dun deles, P.B.B., que afirma non ter sido informado da presenza de Ferreiro e Blanco.

O día 30 de decembro do pasado ano, o avogado Fernando Blanco e a avogada Yolanda Ferreiro compareceron no C.P. de Teixeiro para comunicar com varios internos, ao abrigo do art. 48.4 do Regulamento Penitenciário que permite comunicaren presos con avogado/as expresamente chamados por eles.

Con esse propósito, Ferreiro e Blanco entregaron aos funcionários do presidio os pases expedidos polo Colexio de Avogados de Ourense, mais despois de varias horas de espera e unha longa lista de escusas inverosímeis (incluída a dada à Decana do Colexio de Av+ogados de Ourense de a comunicación non ser posíbeel por tratarse de presos “perigosos”), un individuo que se identificou a si propio como “mando en incidencias” negou rotundamente a possibilidade de o advogado e a avogada poderen comunicar cos seus defendidos argumentando que estes tiñan renunciado explicitamente á entrevista (o que posteriormente se demonstrou non ser verdade).

Agora a DP comunica a EsCULcA que esta mesma xustificación é a que esgrime Institucións Penitenciaras para explicar o irregular comportamento dos funcionarios e, como a mesma Adxunta á Defensora (Concepció Ferrer i Casals), asinante da comunicación,  subliña tal escusa tropeza frontalmente coa declaración escrita dun dos presos concernidos (P.B.B.) quen, en declaración escrita á Defensoría del Pueblo, afirma contundentemente non ter sido informado en ningún momento da presenza de Ferreiro e Blanco no penal, salientando que fora el mesmo quen os chamara para mostrarlles as lesións producidas por agresións violentas de funcionarios do presidio.

Diante de tan manifesta contradición, a DP anuncia que solicitará información a Institucións Penitenciarias sobre as afirmacións de P.B.B. e sobre a eventual toma de medidas para esclarecer a verdade e, sendo o caso, informar das medidas de carácter correctivo tomadas. Tamén reiterará a solicitude de declaración aos dous presos que por agora non enviaron o seu testemuño.

Ver aqui o escrito da DP.