“Non existe colaboración dirixida a auxiliar á organización terrorista”, dixo ante o tribunal o representante do Ministerio Publico.

O acusado, pola súa banda, explicou durante o interrogatorio que axudou M.O. “en todo o que puido” por tratarse dunha amiga especial mais negou ter calquera tipo de vinculación con ningunha organización terrorista. Ademais precisou que antes de ser detida no Reino de España, M.A. abandonou o seu domicilio de Portugal deixando unha nota no seu cuarto co teléfono de Vence.

Ao coñecere a detención de M.A., este acudiu a Portugal e recolleu as pertenzas da súa amiga para as levar ao rocho do seu domicilio, mais non as conservou por non ter relación algunha cos feitos imputados a M.A.

O avogado pede a libre absolución.

Fonte: