Foto: Las compañeras de Hana, posando con el velo en la UAM (Facebook)Colegas de Hana na UAM con veo.

“Cando terminei decidín que non quería que volvese pasar, así que lle propuxen que, embora non me fixese graza, me revistase unha profesora para comprobar que non copiaba”. A alumna explica que aí foi cando se deu conta de que ao profesor importaba ben pouco se copiaba ou non.

“Como profesor de Dereitos Humanos non podo permitilo”, respondeulle. Acto contínuo díxolle que levar veo “non é costume en España”. “Eu son española, levo 21 anos en España, fiquei bloqueada cando mo dixo”, asegura a alumna, que insiste en que o que aconteceu non ten nada a ver co racismo. “É unha cuestión que nos afecta a unha chea de mozas. Por que un home ten que dicirme o que é bo para min ou non?” Hana asegura que se trata dun problema feminista e que as súas profesoras compartían esa idea. !Cada unha fai co seu corpo o que quere”.

Após a discusión co profesor, Hana foi cafetaría chorando. “Estaba moi desconcertada porque pensei que nunca me ía a ocorrer algo así”. Foi alí cando a viu un compañeiro, ao que contou o que lle pasara. Outras dúas mozas da clase plantaron a semente: divulgárono polo seu grupo de WhatsApp co resto das alumnas e decidiron iren con veo á clase dese profesor no día seguinte. “Eu non o sabía porque son de terceiro e non estou nese grupo, foi unha sorpresa incribel. Varias esperaron a que chegase o profesor para entrar todas de golpe. Foi moi gracioso porque el fixo coma se nada”, ri.

Despois do acontecido, Hana enviou unha carta ao vicedecano da facultade explicando o que pasara. “Ao momento responderon dicíndo que non o sabían, que sentían. Estiveron apoiándome en todo momento”. De feito, conta que a súa profesora de Antropoloxía aseguroulle que estaba orgullosa de como reaccionaran as alumnas e que ían a “buscar unha maneira de solucionalo”.

Por mor desa carta, hai uns días organizouse unha reunión á que acudiron o vicedecano, Hana e o propio profesor, que se defendeu dicindo que fora “un malentendido”. “Ainda estou incómoda, mais xa me deixa facer os exames con veo”, explica Hana a respecto da situación actual, xa días despois. “Meteuse comigo dicíndome como teño que vestirme como muller e coa miña identidade relixiosa. Isto pasa a moitas mozas, cando un profesor lles di que teñen que taparse un pouco porque “distraen”, por exemplo. Iso é o que hai que mudar.

Fonte: El Confidencial