Fórum Galego da Imigraçom promoverá reforma do Risga para que inclua pessoas em situaçom de "irregularidade administrativa"

 

 

O anteproxecto recibiu alegacións dentro do prazo que rematou a pasada sexta feira19 de xaneiro. A Lei  foi aprobada en 27 de novembro de 2013 o seu desenvolvemento estaba previsto en seis meses  (Estamos en xaneiro de 2018). A falta de desenvolvemento e regulamentación provocou unha situación de arbitrariedade á hora de seren concedidas as axudas, estado de cousas que vai continuar, pois a súa aprobación definitiva está previsto que sexa para despois do verán. Esta desidia institucional do goberno da Xunta e en particular da Consellaría de Política Social, está provocando indefensión e inxustiza sobre o sector da poboación máis vulnerábel.

CAMPAÑA POLO DECRETO DA RISGA QUE EXCLÚE ÁS PERSOAS MIGRANTES EN SITUACIÓN DE IRREGULARIDADE ADMINISTRATIVA DESTA PRESTACIÓN BÁSICA

Na xuntanza asemblearia do Foro Galego de Inmigración celebrada este sábado día 19 de Xaneiro en Ferrol (no Ateneo desa cidade), as persoas en representación das asociacións e entidades do Foro procedentes de diferentes lugares de Galicia.

ACORDAMOS:

Promover unha Campaña, cun Encontro Aberto con outras entidades sociais, colectivos e movementos sociais interesados nesta cuestión, para artellar unha Declaración Conxunta que recolla as principais modificacións que serían imprescindibles para facer minimamente asumible este Decreto, entre ás que naturalmente propoñeremos o acceso a esta prestación para o colectivo de persoas en situación de irregularidade administrativa. Ademáis incluiremos outras propostas que se acorden no marco dese Encontro Aberto no que convidaremos a entidades sociais significativas, redes e movementos sociais, colexios profesionais implicados e outros grupos e persoas interesadas.

Despois de presentar alegacións formais o Decreto e unha vez rematado ese prazo, antes da aprobación definitiva no mesmo queremos facer un chamamento ás entidades e movementos e a cidadanía en xeral para tentar evitar unha inaceptable discriminación dun colectivo e facer posible tamén para toda a cidadanía un dereito social, a través dunha renda mínima decente.

Fonte:  Diário Liberdade