Hai varios días que circula nas redes sociais unha clasificación dos estados que teñen máis ‘artistas silenciados coa prisión’. O Reino de España aparece en primeira posición, con trece casos, seguida da China (12), Irán (9), Exipto (5), Turquía (3), Cuba (1), etc.

Son datos certos, incluídos nun relatorio de referencia publicado pola UNESCO  no pasado mes de marzo intitulado ‘O estado da liberdade artística‘. Elaborado por unha equipa internacional independente dunha ’decena de especialistas, documenta medio millar de casos de violación da liberdade de expresión artística en setenta e oito estados, e o Reino de España é un dos que obteñen peores resultados, tanto pola aplicación abusiva da lei antiterrorista como pola represión relacionada co proceso catalán.

 

 

 

E así consta no relatorio:

 

E ainda hai más clasificacións deste tipo:

 

 

O reino de España, xuntamente coa China, Cuba, a India, o Irán, Israel, México, Polonia, Venezuela e os EUA, é un dos países onde hai ‘feitos alarmentes sobre a maneiera como son tratada/os a/os artistas e a súa liberdade de expresión’. E donde saen estes datos? O relatorio indica a persecución e as condenas de prisión contra rapeiros, que xustamente foron motivo de condena no Concerto para a Liberdade de Expresión que se fixo en Palma no pasado fin de semana, coa participación de decenas de artistas.

‘Reino de España: rapeira/os no punto de mira’ é o título dun dos capítulos, que recolle a condena de dous anos e un día de cárcere ditada pola Audiencia española contra doce membros do grupo La Insurgencia, denunciados despois dunha actuación que fixeran na rúa, con cancións que facían referencia a atentados dos GRAPO e que criticaban a familia real española, a policía e o sistema xudicial do estado. E tamén se fai eco do caso de Valtònyc, ‘condenado a tres anos e medio de prisión por “insultos graves contra a coroa, glorificación do terrorismo e humillación das vítimas e ameazas”‘.

E chega a esta conclusión contundentes: ‘Apesar de algunhas das letras de moita/os rapeira/os españois falaren de violencia e criticaren o goberno español e a monarquía, a proliferación de encarceramentos, persecucións e ameazas contra a/os rapeira/os é unha violación total dos tratados internacionais de que forma parte do Reino de España e xera un ambiente de silenciamento para a/os artistas’.

España-Catalunya
Por outra parte, o relatorio fíxsae en casos de vulneración de dereitos que teñen relación co referendo de Catalunya e que afectaron Pep Gimeno ‘El Botifarra‘ e Cesk Freixas. Di así: ‘A tensión entre España e a comunidade autónoma de Catalunya creceu despois do referendo do primeiro de outubro de 2017, que tivo un resultado favorábel á independencia do 90%. Este conflito tivo impacto na liberdade de expresión e nas tentativas de censurar artistas que expresaran o seu apoio á independencia de Catalunya’.

Engade: ‘Durante setembro de 2017, o PP tentou anular varios concertos no País Valencià, aducindo o suposto apoio da/os artistas á independencia da Catalunya. O cantor Pep Gimeno “El Botifarra” e Carraixet tiñan prevista unha actuación no 26 de setembro en Torrevella, organizada polo goberno valenciano, e o secretario xeral do PP en Torrevella, Joaquín Albadalejo, pediu que fose impedido dicindo: ‘No PP defendemos a nosa liberdade de expresar a nosa lingua materna, que é o español’.

E outro caso: ‘O cantor catalán Cesk Freixas tiña que actuar en setembro en Pinós, mais o PP local publicou un comunicado no Facebook pedindo ao goberno valenciano que prohibise o concerto […], O artista explicou que o PP xa tentara censuralo previamente, cando uns axentes da Garda Civil se presentaron nun concerto dicindo que tenían queixas e, despois dunha breve discusión, os axentes marcharan.’

Fonte: VilaWeb