Falta dun sistema de rexistro eficaz das solicitudes de asilo, axentes non identificados, escaseza de comida e “unha rata de grandes dimensións” morta nunha reixa do teito da sala de estar. O maxistrado en funcións de control do CIE de Aluche volveu á carga cun conxunto de providencias e autos en que ordena solucionar unha serie de deficiencias detectadas en repetidas ocasións, segundo difundiu a ONG con presenza no centro.

 

El juez ordena al director de un CIE medidas sanitarias para proteger a los inmigrantes

 

Ramiro García de Deus, titular do xulgado de instrución número 6 de Madrid, solicita novamente á dirección do CIE Aluche de Madrid a creación dun sistema de asilo eficaz que non se limite a unha caixa de correos, como acontece actualmente e pide tamén aos axentes do centro que porten a súa placa: “A falta de identificación tradúcese na imposibilidade, que parece buscada, de identificar os Axentes que se extralimitan verbal ou fisicamente cos internos”.

Nesta liña, solicitou o cumprimento do acordado na resolución do 3 de outubro 2016, pola que se ordenaba a organización dun sistema de rexistro das solicitudes de asilo “en horario de 9 a 14 horas todos os días hábiles nun lugar concreto do CIE, con persoal suficiente para que as persoas internas poidan entregar en man a súa solicitude de asilo e recibir, nese momento, copia selada dos documentos que presenten”.

Na actualidade, só é posíbel pedir protección internacional no centro de internamento de Madrid a través dunha caixa de correos que, segundo as organizacións, “só se abre unha vez ao día, sen a persoa concernida recibir copia selada da mesma nese momento”. A ONG denuncia que este mecanismo “se abre unha vez ao día resulta un procedemento pouco rigoroso para o exercicio dun dereito tan serio e importante”.

De novo, o maxistrado detectou no CIE de Madrid axentes da Policía sen a placa identificativa colocada en lugar visíbel. Como detallan as organizacións, Ramiro García de Deus sinala nun auto emitido o 8 de xaneiro que “a falta de identificación permite a impunidade denunciada por persoas internadas, cando os axentes de Policía se extralimitan verbalmente ou utilizando a forza ilexítima contra as persoas internadas”. A falta de identificación, apunta, “tradúcese na imposibilidade, que parece buscada, de identificar os Axentes que se extralimitan verbal ou fisicamente coas persoas internadas”.

Segundo explica SOS Racismo atendendo aos últimos autos e providencias do xuíz de control, este detectou que o “frío reinante era intenso” nas salas de estar. O maxistrado tamén probou a comida e concluíu que “tanto o primeiro como o segundo prato caracterizábanse pola súa escaseza de contido”.

Por último, as organizacións indican que, durante a visita do día 13 de xaneiro 2018, o xuíz puido ver “unha rata de grandes dimensións morta, situada no teito de reixa da sala de lecer”.

“A vertixinosa capacidade reprodutiva destes roedores pode provocar problemas serios para a saúde, e demostra que algo falla no servizo de desratización e desinsectación do Centro”, denunciaron as ONGs.

Fonte: El Diario