O xornalista do medio electrónico La Haine Jorge Correa, aliás Boro, ten de facer fronte a unha petición de seis anos de prisión acusado de propinar unha puñada a un policía e un pontapé no xeonllo a outro. Os feitos producíronse nas mobilizacións ‘Xeque ao rei’ de 2014. Posteriormente a xustiza recoñeceu que un policía agredira fotoxornalistas, mais deixou sen condena o axente porque a falta prescribira.

 

Momento en el que un agente de policía golpea la mano de otro otro agente que se cruza en su camino             Momento en que un axente de policía golpea a man doutro outro axente que se cruza no seu camiño

 

Seis anos de prisión e e 6.200 euros de indemnización. Esta é a condena que a Fiscalía solicita para o xornalista do La Haine, Jorge Correa, máis coñecido como Boro LH. Está acusado de partir o menisco a un policía dun pontapé e de propinar unha puñada e partir un dedo da man a outro axente. Todo aconteceu ao termo da protesta do 29 de marzo de 2014, cando Boro LH foi detido. Trátase, precisamente, dos mesmos feitos polos que varios fotoxornalistas denunciaron ese mesmo grupo de antidisturbios por agresións contra a prensa.

A xustiza recoñeceu hai agora un mes que un axente golpeara polo menos dous fotógrafos, mais a agresión ficou impune xa que foi cualificada como falta e prescribira. A acusación sobre Boro, con todo, non o fixo. A Fiscalía pede para o xornalista seis anos de prisión: catro por lesións e dúas por atentado á autoridade.

 

O acusado asegura que en ningún momento agrediu ningún axente e achega varios vídeos e probas que corroboran a súa versión e contradín o relato policial dos feitos

 

O xornalista Boro LH, no entanto, defende contra vento e marea a súa inocencia. Asegura que en ningún momento agrediu ningún axente e, de feito, achega varios vídeos e probas que corroboran a súa versión e contradín o relato policial dos feitos. Desde ámbitos internacionais como a OSCE (Organización para a Seguranza e a Cooperación en Europa) esixiuse investigar a fondo as cargas policiais contra xornalistas, mais o único que pode ser condenado por estes feitos actualmente é Jorge Correa.

“Nas imaxes apréciase que, primeiro, non dou ningunha puñada a ningún policía. É el o que empurra a miña parella e despois, cando fago ademán de ir socorrela, lánzase contra min e empúrrame. Despois saio correndo e os axentes veñen atrás de min. Tampouco é verdade que propinase un pontapé a ninguén. De feito, o laudo médico do policía di que a rotura de menisco puido ser debida a un pontapé ou a unha queda e nas imaxes apréciase que hai un axente que cae pola choiva [minuto 2:03]. Non se ve en ningún momento que eu propinase un pontapé a ninguén”, explica Boro LH.

O acusado, ademais, achega a declaración dun dos axentes de Policía que tivo que declarar no xuízo pola agresión dun axente aos fotoxornalistas. Nese caso un policía recoñeceu ter batido noutro compañeiro sen querer [minuto 1:05]. Nas imaxes, de feito, apréciase como o axente agride co porrete outro policía que se cruza no seu camiño. “Ese debe de ser o momento en que un dos policías sufriu a pancada na man que me atribúen a min”, prosegue Boro LH no seu relato.

 

“Nas imaxes apréciase que, primeiro, non dou ningunha puñada a ningún policía”, deféndese Boro

 

Unha agresión impune a fotoxornalistas

Os feitos polos que é acusado Boro aconteceron no mesmo momento en que un grupo de axentes de antidisturbios da Policía Nacional golpeou varios fotoxornalistas ao acabar o protesto Xeque ao Rei de 2014. O xulgado de instrución nº 46 de Madrid sentenciou que un axente batera, polo menos, en dous fotógrafos ao termo do protesto, mais que esta falta de lesións estaba prescrita a día de hoxe. Portanto, a agresión ficou impune. Ademais, do grupo de policías só un deles tivo que sentar no banco dos acusados xa que foi imposíbel identificar o resto.

Os tribunais tamén estimaron que esta agresión policial a tres fotoxornalistas non lesionou en ningún momento o dereito á liberdade de dar e recibir información. En opinión do xuíz Caridade Hernández, da Audiencia Provincial de Madrid, os antidisturbios non impediron o exercicio do dereito a informar dos fotógrafos xa que non lles foron intervidos nin os seus equipos nin as súas gravacións.

Condenado por enaltecemento

O xornalista de La Haine Boro LH foi condenado en xaneiro pola Audiencia Nacional por un delito de enaltecemento do terrorismo a un ano e medio de prisión após ser detido na Operación Araña, unha serie de batidaspoliciais en que foron detidos case 80 tuiteiros. A sentenza considerou un feito probado que o condenado difundía mensaxes no seu Facebook para “conseguir a adhesión ao ideario da organización terrorista ETA, alentando a actividade da organización”.

Correa nega que o seu propósito fose o de enaltecer o terrorismo de ETA e denuncia sentirse vítima dunha persecución. Defende que pedir a amnistía dos presos da organización terrorista, o fin da dispersión dos presos ou a excarceración por razóns humanitarias de reclusos doentes non pode ser delito.

ALEJANDRO TORRÚS

Fonte: Público