Roberto Rodríguez Fialhega, Raul Aguilheiro Cartoi, Eduardo Vigo Domínguez, María Osorio Lopes, Adrián Mosquera Pazos e Carlos Calvo Varela son seis xovens independentistas que continúan cumprindo condena fora da Galiza sen que o Goberno de Pedro Sánchez, con diferenza ao que fai con dirixentes soberanistas da Catalunya e o que anuncia que fará con algunhas persoas presas vascas, diga nada a respecto da súa transferencia para que cumpran o resto da condena preto das súas familias.

 

 

Estas persoas foron condenadas por actos de violencia nas rúas, por pose de artefactos explosivos ou pola colocación de artefactos de fabricación caseira en entidades bancarias, sedes de partidos, de medios de comunicación ou outros lugares. Unha mudanza de criterio da Audiencia Nacional pasou a elevar estas actividades, en que só se produciron danos materiais e nunca persoais, á categoría de terrorismo.

Están dispersas nos penais de Villabona-Asturias (Raúl Aguilheiro Cartoi e Carlos Calvo), Mansilla de las Mulas-León (María Osorio Lopes e Adrián Mosquera), Ocaña-Toledo (Eduardo Vigo Domínguez) e Donas-Palencia (Roberto Rodríguez Fialhega), segundo a información que aparece en Ceivar, a web de apoio á/os presa/os independentistas.

Un sétimo condenado, Xurxo Rodríguez Oliveira, a Audiencia Nacional, a instancias do xuíz de Vixilancia Penal, foi autorizado a cumprir a pena no cárcere pontevedrés da Lama para completar os seus estudos,

Todas estas persoas cumpriron xa máis da metade da pena imposta na Audiencia e ratificada polo TS.

Antonio P. Fidalgo

Fonte: El Correo Gallego