Esta quinta-feira, na sede do  Col·legi de Periodistes a Barcelona, a plataforma Som Defensores presentou o seu relatorio sobre violacións de dereitos civis e politicos na xornada do 1-O.  Segundo as súas conclusións, o obxectivo do dispositivo policial e das numerosas agresións e vexacións que padeceu a poboación, non era “retirar as urnas” senón “estender o pánico”. Som Defensores tamén presentou un manifestos a que xa adheriron 235 entidas e máis de 2.100 persoas a título individual.

Representants del col·lectius Som Defensores a la seu del Col·legi de Periodistes

Con este relatorio, Som Defensores quer contribuir a documentar as numerosas agresións e vexacións que sofriu un número moi elevado de persoas a mans de membros da Policía Nacional e a Guardia Civil e achegar elementos de xuízo para seren tidos en conta á hora de valorar que accións han de ser levadas a cabo. Segundo considera nas súas conclusións, o primeiro obxectivo dos dispositivos policiais non era tanto “retirar as urnas” como “estender o pánico” entre a populación.

Tal e como explicaron representantes dalgunhas das organizacións que conforman a plataforma -NOVATC, Irídia, LaFede.cat, Institut de Drets Humans de Catalunya e o Grup de Periodistes Ramon Barnils-, durante a xornada do 1-O e as seguintes, unha equipa de 90 persoas documentou e recolleu o testemuño das actuacións dos corpos policiais españois e das violacións de dereitos civis e politicos, como por exemplo os ataques á integridade física e psíquica das persoas, o trato inhumano, degradante e desproporcionado que sofriron numerosas persoas e o carácter sistemático destas violacións, o que leva a Som Defensores a concluir que, con efecto, non se pode falar de casos isolados senón dun uso “abusivo, indebido e extralimitado” dos recursos xurídicos e policiais.

Neste sentido, o promotores do relatorio indican que a prática ausencia de detencións e o grande número de perosas feridas son un dato significativo que permite deducir que o obxectivo do dispositivo represor ía moito alén do impedimento da celebración do referendo. As agresións a xornalistas e os obstáculos para faceren o seu traballo que algúns sofriron a maos dos corpos policiais españois constitúe outra das violacións de dereitos fundamentais recollidas no relatorio.

Antes de concluiren a conferencia de prensa, as representantes de Som Defensores reclamaron a inmediata posta en liberdade dos presidentes da Assamblea Nacional Catalana e de Òmnium Cultural, Jordi Sánchez e Jordi Cuixart, xa que, no seu parecer, nin os cargos que lles son imputados nin as razóns para o seu encarceramento preventivo obedecen a ningún tipo de criterio xurídico senón que son consecuencia de decisións politicas.

Aleix Salvans

Fonte: elMón