A maquinaria xudicial comezou a virar para un entramado de organización criminal e terrorismo que lembra o que se viviu hai uns anos no País Vasco. A kale borroka foi relacionada directamente co grupo armado ETA e, portanto, foille aplicada a lei antiterrorista e os seus membros xulgados na Audiencia Nacional. A loita xudicial contra o terrorismo derivou para a ilegalización de partidos. E todo comezou con detencións por actos violentos na rúa.

 

 

 

Como se fose un espello, Tamara Carrasco, membro do CDR detida na pasada terza feira, foi arrestada por terrorismo e rebelión. E acabou na Audiencia Nacional española, onde hai outras persoas imputadas polo referendo e a loita independentista catalá, con a cúpula de Interior e o Major Trapero á cabeza, a quen se procesa por sedición e organización criminal.

 É o caso de Tamara Carrasco o primeiro paso para unha sucesión de detencións que irán encamiñadas a relacionar todos os procesos e a clonar o modelo xudicial que se aplicou no País Vasco?
De momento foi un aviso. Tamara Carrasco está en liberdade, sob estritas medidas cautelares, mais, segundo informacións da Procuradoría e a Audiencia Nacinal, por un delito de desordes públicas, non por terrorismo como difundiu a Garda Civil cando comezou a facer as inspeccións. O segredo do sumario non permite saber máis nada. De feito, o seu avogado non sabe nin o delito de que é acusada. “Enteirome polos medios”, di Sergi Atienza, defensa de Carrrasco.
Todo o que sabe Atienza é o que viu durante a declaración na Audiencia Nacional. “A procuradoría fixo unha acusación moi contundente, porque os feitos que hai na causa non revesten suficiente gravidade para manter a acusación”, di Atienza. “Non se constatou ningún feito ilícito penal”, insiste.

A reforma do delito de terrorismo do 2015 choca co Decreto 2017/541 e entra nunha “indeterminación das condutas puníbeis”, salienta Atienza.

 O certo é que Tamara Carrasco é detida supostamente por terrorismo e o caso entra na Audiencia Nacional xustamente polo tipo de delito, mais non se lle aplica a lei antiterrorista na súa detención.
Atienza subliña que a policía tratouna moi ben durante a inspección, o transporte e as 24 horas en que estivo detida. Non a alxemaron en ningún momento e embora lle aplicasen parte do protocolo, porque Carrasco foi escoltada en todo momento por oito axentes armados, nin foi incomunicada nin lle aplicaron os artigos que limitan o seu dereito á defensa e comunicación.

“Técnicamente, non sei por que feitos lle aplican” as medidas cautelares que finalmente ditou o xuiz, di Sergi Atienza. Tamara Carrasco non pode sair da súa vila se non pede permiso, non pode sair do territorio español e ten de presentarse cada semana no xulgado. “·Está espantada. Vese nunha situación rocambolesca”, di o avogado.

Atienza quer aplicar unha estratexia técnica, non política. Por iso, Tamara Carrasco non respondeu durante a súa declaración perante o xuiz e o procurador, só contestou o seu avogado para acreditar o arraigamento e eludir a prisión provisoria que demandaba insistentemente a procuradoría.

O seu avogado cre que o levantamento das portaxes “non eran nin desordes”, e niso baseará a súa defensa. Ten previsto recorrer as medidas cautelares e traballar para que o caso sexa arquivado.

Mais fontes xudiciais e o mesmo criterio do CDR, que onte emitiu un comunicado, temen que o caso de Tamara Carrasco sexa só un primeiro paso. Un primeiro paso, de entrada, para atemorizar a populalción e despois para manter un delito de terrorismo dentro da cosa do referendo e ligalo coas causas de sedición que hai na Audiencia Nacional.

Talvez por iso o caso de Tamara Carrasco sexa moi importante, Máis do que parece. Os CDR están marcados como obxectivo e van acotando o terreo.

Atienza di que non sabe “por que foron por ela”, mais intúe que podería non ser a aúnica.

Porque, de momento, é a primeira e única detida pola Audiencia Nacional, que ainda que por agora non fala abertamente de terrorismo, mantén a casua a que debería renunciar se só se acaba por instruir o caso por desordes públicas, xa que estes xulgados non son competentes.

Carrasco é a única porque o outro mozo que tiñan que deter non apareceu e ninguén sabe onde está. Non transcendeu o nome nin a policía emitiu unha orde de detención coa súa fotografía. Ningúen sabe nada del e algunhas fontes apuntan a posibilidade de que fose un confidente.

Fonte: El Nacional