O TEDH ditou sentenza no caso de Pletosu-Halungescu e outros c. Romanía (demandas n° 38238/13 e 5 outras) condenando Romanía por tratos degradantes polas condicións inadecuadas de varias das súas instalacións penais. O caso refírese á denuncia, baseándose no artigo 3 CEDH que prohibe a tortura e as penas ou tratos inhumanos ou degradantes, de condicións inadecuadas de detención de 5 cidadáns romaneses, máis en concreto sobre a inadecuación ou falta de instalacións hixiénicas, acceso restrinxido á auga corrente e auga quente, falta de exercicio físico ou insuficiencia de aire fresco, acceso restrinxido á ducha, temperatura inadecuada, mala calidade dos alimentos, falta de hixiene, inadecuadas instalacións hixiénicas, falta ou mala calidade de roupa de cama, etc.,

O TEDH decidiu compilar os casos e considerar admisibeis algunhas das queixas relativas ás condicións de detención inadecuadas tendo en conta a xurisprudencia anterior en relación ás condicións que deben ter os presos en catividade. Por iso, o TEDH considerou que os solicitantes permaneceron detidos en malas condicións e que, con respecto aos documentos que obraban no seu poder e a súa xurisprudencia (véxanse, en particular, Rezmive e outros c. Romanía, demandas 61467/12 e 3 outros, 25 de abril de 2017), o TEDH considerou tamén razoábel outorgar determinadas sumas pecuniarias en tres meses e a partir da expiración do tres meses até a liquidación dun interese simples aos demandantes.

Fonte: HUDOC