Publicado orixinalmente no 50 aniversario da guerra do Seis Días que culminou coa ocupación israelí de Cisxordania e a Faixa de Gaza, Pappé ofrece unha exploración exhaustiva dun dos conflitos máis prolongados e tráxicos do mundo, e un retrato incisivo e conmovedor da vida cotiá nos territorios ocupados. Utilizando material de arquivo recentemente desclasificado, Pappé analisa as motivacións e estratexias dos xenerais e os políticos, e o proceso de tomada de decisións en si mesmo, que sentou as bases da ocupación. A partir dunha análise das infraestruturas legais e burocráticas implementadas para controlar a poboación palestina, dos mecanismos de seguranza que aplicaron vigorosamente ese control, Pappé pinta un panorama do que é para todos os efectos o maior cárcere do mundo «ao descuberto». Através de abundante documentación, rexistros de ONG e testemuños, esta investigación sobre a «burocracia do mal» explora os efectos embrutecedores da ocupación, do abuso sistemático dos dereitos humanos e cívicos, as barricadas das Forzas de Defensa de Israel, os arrestos masivos, as procuras domiciliarias e a transferencia forzada de poboación, os colonos e o infame muro que está a converter rapidamente a Cisxordania nunha prisión aberta.

Hai tradución para español: La cárcel más grande de la tierra. Ed. Txalaparta – 2018

 

Resultado de imagem para la cárcel más grande de la tierra pappe