Zeshan Muhammad, frente al Tribunal Constitucional, que desestimó su recurso por una redada racista de la Policía.- SOS RacismeZeshan Muhammad, fronte ao Tribunal Constitucional, que desestimou o seu recurso por unha batida racista da Policía española

 

Tamén pregunta ao Reino de España se se vulnerou o citado artigo, “debido ao suposto fracaso das autoridades á hora de tomar todas as medidas razoabeis para descubrir os posibeis motivos racistas do incidente alegado”.

Segundo a demanda, dous axentes de policía pararon Muhammad e ao seu amigo K.A. o 29 de maio de 2013 nunha rúa de Barcelona e solicitáronlles os documentos de identidade. O demandante preguntou pola razón do control e a resposta foi, segundo contou Zeshan Muhammad ao xornal Público en 2016: “Pídoche que te identifiques porque es negro e punto e fódeste”.

A queixa perante Estrasburgo baséase en que os policías “utilizaron unha linguaxe carregada de tintas racistas” e que un dos axentes “esbofeteou” o demandante, detívoo e levouno a comisaría, onde lle foi imposta unha sanción administrativa por recusar identificarse.

O demandante, residente en Santa Coloma de Gramanet (Barcelona) e con permiso de residencia, iniciou en abril de 2014 unha reclamación por responsabilidade patrimonial do Estado ante o Ministerio do Interior, que foi desestimada por falta de evidencias.

Os seus recursos ante o Xulgado Central do Contencioso-administrativo e o Tribunal Constitucional tamén foron desestimados.

Muhammad presentou a súa demanda en Estrasburgo o pasado 6 de maio, apoiado por SOS Racisme Catalunya “que asumiu a representación legal do mozo na vulneración do dereito a denunciar, a detención ilegal e a identificación por perfil étnico despois de que Zeshan se dirixíse ao Servizo de Atención e Denuncia da ONG” e a Open Society Justice Initiative.

Ambas as organizacións xa advertiron en 2016 que o de Zesahn non era un caso isolado senón o exemplo dunha práctica habitual, documentada e condenada pola Defensora del Pueblo, o Comité de Ministros do Consello de Europa e o Relator Especial sobre Racismo da ONU.

As partes teñen un prazo aproximado de cinco meses para realizaren as súas observacións ás preguntas da Corte, que comezará nesa altura o exame do fondo da demanda, após o que pode admitir a mesma e emitir unha sentenza ou inadmitila.

Fonte: Público