Abdelkader G. non sabe que día son as festas patronais da capital dos Monegros (Sariñena, Huesca). E ese descoñecemento, aínda que leva xa máis da metade da vida residindo no Reino de España con ‘papeis’ e traballando, custoulle non obter a nacionalidade española xa que, segundo o Rexistro Civil, o Ministerio de Xustiza e a Audiencia Nacional, supón un indicio da súa falta de integración social.

 

El número de concesiones de nacionalidad española a extranjeros se ha desplomado desde 2013.

 

Abdelkader, que gaña a vida como peón agrícola e que en xaneiro fará 45 anos, ten permiso de residencia no Reino de España desde setembro de 1995, hai xa case 23 anos. En decembro de 2013 solicitou a nacionalidade, que lle foi denegada nesas tres instancias xa que, segundo o funcionario do Rexistro Civil que o entrevistou, ‘non está suficientemente integrado’ debido a que ‘entende e fala o castelán con moita dificultade, non ten un coñecemento básico da lingua española, e non coñece as festas da súa localidade’.

Saber que en Sariñena se celebra San Antolín o 2 de setembro ten máis peso que un documento da comunidade autónoma

A Audiencia Nacional, ante a que recorreu esa decisión, mantén a negativa apesar de que máis tarde Abdelkader achegou un certificado de coñecemento do castelán emitido polo Goberno de Aragón. ‘A entrevista do xuíz ten maior valor probatorio’, sinala o tribunal, que conclúe que ‘non posúe o grao de integración na sociedade española que se precisa para adquirir a nacionalidade (…) sen que se poidan xustificar as respostas dadas exclusivamente no seu escaso grao de alfabetización’.

É dicir, que, polo menos neste caso, saber que en Sariñena se celebra San Antolín, o 2 de setembro, e San isidro, o 15 de maio, ten máis peso que un documento da comunidade autónoma apesar de tratarse de alguén procedente dun país onde predomina a relixión musulmá e, tamén, aínda que o propio tribunal admite que ‘o nivel de esixencia canto ao coñecemento da lingua ou das institucións españolas pode modularse en función do grao de instrución do interesado e das demais circunstancias que concorran’.

‘En estranxeiría e asilo todo é arbitrariedade’

A situación de Abdelkader non é un feito isolado. É un exemplo máis da intensificación dos obstáculos postos ás persoas migrantes para obteren a nacionalidade no Reino de España e que, xunto co monumental conxestionamento das tramitacións, provocou unha queda das concesións: das 225.793 de 2013 ás 150.944 de 2016, segundo o INE (Instituto Nacional de Estatística), apesar do relanzamento rexistrado no último deses anos.

As concesións de nacionalidade española caeron de 225.793 en 2013 a 150.944 de 2016

 

‘Nos asuntos de estranxeiría e de asilo é todo arbitrariedade, todo son empecillos; e iso é un absurdo cando falamos de persoas que traballan, pagan os seus impostos e a miúdo teñen fillos españois’, sostén Elena Vázquez, avogada da ONG Rede Acolle, para quen a restrición das nacionalizacións ‘é unha forma de fechar a fronteira sur’ de Europa.

Rede Acolle está a traballar para tentar levantar uns deses obstáculos, algo que, de conseguilo, eximiría unha parte das persoas estranxeiras que pretenden adquirir a nacionalidade española do exame ante o Instituto Cervantes que substituíu as entrevistas no Rexistro Civil en outubro de 2015.

Xustiza non responde as solicitudes de exención do exame

O Ministerio de Xustiza emitiu un ano despois, após detectar que a dificultade do temario e das preguntas resultaba excesiva, unha orde pola que eximía das probas menores de idade e persoas declaradas incapaces polos tribunais, establecía ‘actuacións especiais (…) para as persoas con discapacidade’ e abría a porta á ‘dispensa’ para quen ‘non saiba ler nin escribir ou teñan dificultades de aprendizaxe’ e para quen superase a ESO.

O ministerio non está a responder ás solicitudes de exención de estranxeiros con dificultades de aprendizaxe
Nestes dous últimos casos, a Administración ‘resolverá motivadamente’. Con todo, segundo Rede Acolle, o ministerio non responde ás solicitudes de exención que foron presentando persoas estranxeiras con dificultades de aprendizaxe.

‘Non hai un procedemento regulado para que respondan, e non o están facendo’, explica Vázquez, que engade que ‘aínda non o xudicializamos porque é algo moi novo’.

Xustiza ‘deuse conta de que non todo o mundo está capacitado para superar ese exame, que é outro obstáculo, e que moita xente ficaba fóra pola súa dificultade’, explica a avogada, que chama a atención sobre as dificultades existentes para documentar as peticións. ‘Como xustificas que alguén ten dificultades de aprendizaxe? É un concepto xurídico indeterminado’, sinala. ‘Non contestan porque non saben que dicir. É unha técnica máis dentro da política de empecillos á inmigración’, engade.

EDUARDO BAYONA

Fonte: Público