Pasaron apenas seis anos desde que, no 24 de abril de 2012, o director xeral dos Mossos d’Esquadra autorizou a publicación da páxina web a que se deu o nome “Colaboraicón cidadá contra a violencia urbana”, con 231 fotografías e tres vídeos, onde aparecen 68 persoas -incluídas algunhas menores de idade-, alegadamente implicadas nos incidentes que tiveron lugar durante a greve xeral do 29 de marzo de 2012. Despois dun périplo por diferentes instancias xudiciais, finalmente o Tribunal Supremo avala este web de delación que impulsou o que na altura era Conseller d’Interior Felip Puig. O avogado Benet Salellas, que levaba o caso en representación dunha das persoas que aparecen nas imaxes, asegura que recorrerán a decisión no Tribunal Constitucional.

24 de abril de 2012 Manel Prat, na altura Director General dels Mossos d’Esquadra, e os comandantes do corpo Joan Miquel Capell i Eduard Sallent, presentaban o web denunciado – Robert Bonet

Ainda que através dun formulario anónimo, calquera persoa podía achegar información sobre as identidades das persoas sinaladas no web do Departamento de Interior, o Supremo nega que iso vulnere dereitos fundamentais como o da propia imaxe, a honra e a intimidade. Na sentenza 41/2018, con data do 26 de xaneiro, a Sala Primeira especifica que estes dereitos fundamentais “non requeren dunha autorización xudicial previa para que a súa restrición sexa lexítima”. Ao mesmo tempo descarta que a publicación ds fotografías fose unha medida desproporcionada, xa que os feitos da greve “provocaron unha grande alarma social, pola destrución de bens públicos e privados incluídas lesións a persoas, e polo carácter tumultuoso e multitudinario”.

O feito de expor o rostro de 68 persoas xerou un amplo rexeitamente e finalmente, ao cabo dun mes de funcionamento, Interior fechou o web, subliñando que ficaba en hibernación e que podería voltar a ser activado.

Desde o comezo, cando interpuxemos a denúncia, explica o letrado Benet Salellas, tivemos claro que, se for preciso, chegaríamos a organismos internacionais. O obxectivo do procedemento, que co Tribunal Constitucional esgotaría as instancias xudiciarias españolas, é evitar que podan ser creadas ferramentas “desproporcionadas, sen control e que afectan a privacidade das persoas”. Salellas insiste que “os dereitos das persoas han de ser respectados alén de se, finalmente, acaban tendo relación cuns feitos delituosos ou non”.

 Militantes independentistas que aparecen na coñecida como “Lista de Puig” – Conferencia de prensa – Praza de Catalunya – 27/04/2012

O feito de expor o rostro de 68 persoas xerou un amplo rexeitamente e finalmente, ao cabo dun mes de funcionamento, Interior fechou o web, subliñando que ficaba en hibernación e que podería voltar a ser activado caso for preciso. As críticas disparáranse desde moitas frontes: Xuíces pola Democracía, a Associació Catalana per la Defensa dels Drets Humans, o Col·legi de Periodistes i d’Advocats e o Sindic de Greuges pediron a retirada por considrar que podería vulnerar dereitos relacionadas coa propia imaxe e a presunción de inocencia. Precisamente, o Supremo, para xustificar a “proporcionalidade” da medida, argumenta que a publicación foi feita de maneira “restrinxida, no web policial” e “por un tempo moi limitado (um mes)”.

“Damos a cara”

Finalmente, através do web, foron “identificadas” 22 persoas. Tres -um membro da Coordinadora Obrera Sindical (COS) e dous militantes de Arran-, iniciaron a campaña Damos a cara en nombrembro do 2016. Foran requeridos pola policía a someterse a unha reportaxe fotográfica, mais a defensa conseguiu que a Audiencia Provincial o impedise. Contodo, nunha segunda ocasión, deu a razón al xulgado de instrución e voltaron ser requeridos para que aceptasen facer probas biométricas. Para o avogado Eduard Cáliz, que defensa as activistas, o aval do Supremo ao web de delación, “supón un paso máis na política estigmatizadora e criminalizadora cara a todo o representa un desafío ao actual modelo económico, social e nacional”.

Xavier Muñoz, de Arrels Advocats e letrado dunha das persoas procesadas a partir do web, alerta do perigo de lanzar imaxes sen estaren validadas xudicialmente. Muñoz acrecenta que as información achegadas de forma anónima poden estar “viciadas” e ser “malintenciondas”. O web, para o avogado, non é unha ferramenta válida nun procedemento xudicial, como aconteceu no caso do seu cliente que finalmente foi absolvido. No entanto, durante un mes, a súa imaxe foi exposta publicamente con todos os prexuízos persoais que iso implica. Aliás, subliña Muñoz, o web pode ocultar o recurso a arquivos policiais politicos para levar a termo a investigación.

Con datos de finais do 2016, a partir do web de delación foran abertos un centenar de procedemntos, dos cales, a metade acabaron en absolucións, un 25% estaba á espera de xuízo e o outro 25% resolvérase con sentenzas leves.

Gemma García

Fonte: La Directa