Promovido  por unha vintena de nomes da política, a sociedade e a cultura galegas, recibiu xa o apoio de eurodeputados de diferentes países, músicos como Lluis Llach ou Valtonyc, actores como Willy Toledo e representantes como o vicepresidente do Parlamento Europeo, Dimitris Papadimoulos.“Defender a democracia, a liberdade, a xustiza e a dignidade colectiva non é apenas un dereito, senón unha obriga”. Así comeza o manifesto da solidariedade para cos 19 militantes nacionalistas aos que familiares do ditador e a Fundación Franco piden penas de 247 anos de prisión e por volta de medio millón de euros de multa pola toma simbólica do pazo de Meirás.

 

Comparecencia ante a prensa dos militantes do BNG acusados pola familia Franco.

 

No manifesto cualifícase  como “unha verdadeira barbaridade do punto de vista tanto político canto xurídico” esa petición. Afírmase que estamos perante una tentativa de “criminalizar” a liberdade de expresión. As persoas asinantes asumen as demandas dos militantes do BNG que o pasado 30 de agosto de 2017 tomaran simbolicamente o Pazo de Meirás: “A demanda de que todos os bens espoliados por Franco na Galiza (o Pazo de Meirás, mais tamén a Casa de Cornide e as estatuas de Abraham e Isaac do Pórtico da Gloria) sexan devoltas ao pobo galego“.

Un grupo de 19 persoas de dieferentes son as promotoras do manifestó: Carlos Babío, Paula Carballeira, Paulo Carril, Cristina Domínguez, Pilar García Negro, Sonia Lebedynski, Margarita Ledo, Miguel de Lira, Ana Miranda, Alfonso Pato, Óscar Pazos, Manuel Pérez Lourenzo, Ana Pontón, María Reimóndez,  Manuel Rivas, Francisco Rodríguez, Uxía Senlle, Suso de Toro e Artur Trillo.

Entre as sinaturas e apoios recibidos até o de agora están os do escritor e politólogo Ramón Cotarelo, o actor e activista Willy Toledo, o músico Lluis Llach ou Ramón Grosfoguel, sociólogo portorriqueño e profesor na universidade de Berkley.

 

Pazo de Meirás

 

O escritor vasco Bernardo Atxaga, o rapeiro exiliado Valtonyc ou o dirixente da esquerda abertzale Arnaldo Otegi tamén asinaron o manifesto. O vicepresidente do parlamento europeo, o grego Dimitris Papadimoulos, tamén deu o seu apoio, así como eurodeputados de formacións como Die Linke, Front de Gauche, PCP, Syriza, Bloco de Esquerda, Sinn Féin…

Fonte: Sermos Galiza