O preso vasco Z.E. chegou na pasada terza feira á prisión de Mont-de-Marsan (234 quilómetros) procedente do cárcere de Tarascon, situado a 750 quilómetros de Euskal Herria. A mudanza de destino fíxose efectiva após aplicar a administración penitenciaria a decisión adoptada por un tribunal administrativo parisiense de avalar a demanda cursada por el. Os presos vascos que cumpren condena no Estado francés comezaron a solicitar en 2014 á administración francesa a súa transferencia ao cárcere máis próximo a Euskal Herria.

A organización de familiares e amigos dos presos políticos vascos, Etxerat, tivo confirmación a última hora do martes da chegada de Z.E. á prisión de Mont-de-Marsan. Detido en outubro de 2009 no departamento francés de Isère, este veciño de Aretxabaleta foi condenado en 2012 a oito anos de prisión sob a acusación de integrar o «aparello loxístico militar» de ETA.

Desde que en 2014 as persoas vascas que cumpren condena no estado francés comezaran a solicitar a súa transferencia ao cárcere máis próximo a Euskal Herria varios delas foron transferidas á prisión de Mont-de-Marsan (Landas) aonde foi enviado agora Z.E. Así aconteceu en xullo de 2014 con O. A. e A.A.. condenados a cinco e oito anos de cárcere respectivamente, enviados a Mont-de-Marsan do mesmo xeito que Z.E., cando encaraban xa o final de condena.

Ese argumento, o da próxima extinción da pena, serviu á administración penienciara gala para responder aos insistentes requirimentos dos seus homólogos españois, tamén no caso do transferencia desde a prisión parisiense de Villepinte do oreretarra O.G., que chegou a Mont-de-Marsan en febreiro de 2016. Ou para xustificar a presenza nese mesmo centro penitenciario de R.R. e X.A., transferidos en xaneiro de 2005.

Administración penitenciaria
A especificidade do acontecido con Z.E. non reside, por tanto, en ter sido aproximado ao seu lugar de orixe cando xa completou o groso da condena. A transferencia do aretxabaletarra ten connotacións diferentes porque, de acordo ao explicado pola avogada Maritxu Paulus Basurco, materializouse en aplicación da decisión ad hoc dun xuíz.

Efectivamente, as persoas presas vascas que cumpren condena en cárceres franceses materializaron a petición de achegamento mais, como no Estado español, viron como a administración gala rexeitaba a súa demanda.

Por iso, avogadas e avogados graduaron recursos para afrontar ese rexeitamento gobernamental á vontade de achegamento e agrupamento en Mont-de-Marsan.

No caso de Z.E., o recurso presentado ante o Tribunal Administrativo de París contra esa denegación gobernamental foi escoitado polo xuíz, quen avalou a principios de verán a transferencia solicitada polo preso guipuscoano.

Concretamente, o maxistrado evoca dúas situacións familiares en base ás cales entende que procede o achegamento. Unha delas refírese ao feito de a persoa presa ter fillos e outra a que acredite problemas de saúde na contorna familiar máis próxima.

«O xuíz decide en base a circunstancias familiares que, por tanto son persoais, mais que ao noso entender cumpriríanse, igualmente, con moitos outros presos vascos» sinala a letrada. Á espera de que sexan vistos un a un eses recursos, Paulus Basurco valora que, «non é unha decisión máis» e estima que se gañou un «precedente importante» que servirá para perseverar, tamén pola vía legal, na longa e dura batalla para acabar coa dispersión.

Sen recurso do Executivo e no contexto posterior ao desarmamento de ETA

Outro elemento a destacar no caso de Zuhaitz Errasti é que após secundar o xuíz a súa petición de transferencia a parte gobernativa non recorreu. Ao contrario, materializou en tempo record “apesar do parón estival” o traslado do preso.

En Mont-de-Marsan Z.E. coincidirá cos presos labortanos A.G. e A.S. Detidos en 1999 no Estado español, non lles foi concedida até finais de 2016 a transferencia para cumprir pena no Estado francés. Chegaron á prisión landesa a principios de xullo.

Son os primeiros traslados ao cárcere galo máis próximao a Euskal Herria após o desarmamento de ETA, no pasado 8 de abril en Baiona, un «novo contexto» xa evocado en sede xudicial gala para apoiar a excarceración, o 26 de abril, de O.G. (por doenza) e, o pasado luns, de M.I.. M.U.12:32 10/08/2017.

Ler máis.