A AN española condenou Remírez no 2009 a un ano de reclusión e á inhabilitación absoluta por un període de seis anos

Os feitos polos cales foi encarcerado remóntanse ás festas de Amurrio de 2005 cando, no decurso do chupinazo, exhibiu no balcón do consistorio un boneco de cartón en solidariedade cos prisioneiros políticos da localidade. “Quería mostrar o meu afecto e denunciar, de forma orixinal e pacífica, que están afastados inxustamente das súas casas en aplicación da inhumana politica de dispersión imposta polo Estado español”.

Por causa daquela acción, a Audiencia Nacional española condenouno en 2009 a un ano de reclusión e á inhabilitación absoluta por un período de seis anos. En 2015, Remírez foi arrestado novamente no cadro da Operación Araña, o que o levou, dous anos máis tarde, a pactuar coa procuradoría unha multa de 5.400 euros e 14 anos de inhabilitación en troca de non ser encarcerado.

Agora, hai un meses, no entanto, cando cría que o caso estaba fechado, a sala do tribunal que o encausara en 2009 considerou que, por ter tido unha segunda pena de inhabilitación, Remírez era reincidente, de maneira que tiña de pasar un ano privado de liberdade. “Urdiron unha enxeñaría xurídica para castigarme coa prisión”. Así o explicaba poucas horas antes de ingresar no penal de Basauri.

Tea-de-araña represiva
O encarceramento de Remírez incríbese na vaga represiva que o Estado vai desdobrando nos últimos anos contra a disidencia politica nas redes, particularmente no Facebook e no Twitter. Unha ofensiva que se iniciou en abril de 2014 ao abrigo da chamada Operación Araña, na secuencia da cal a Garda Civil detivo 76 persoas acusadas de enaltecemento do terrorismo

Alfredo Remírez foi arrestado na terceira destas operacións, realizada en maio de 2015, durante a caal tamén foi detido César Strawberry, integrante do grupo Def con Dos. Este músico foi condenado polo Tribunal Supremo a 18 meses por unha serie de chíos e un rechio en que ironizaba sobre o funcionario de prisións José Antonio Ortega Lara, secuestrado por ETA no ano 1996.

Strawberry, a quen tamén se impuxeron seis meses e medio de inhabilitacion, foi considerado culpábel dos delitos de enaltecemento do terrorismo e humillación ás vítimas. Dous supostos previstos nos artigos 578.1 e 578.2, e 579 bis do Código Penal, esgrimidos polo alto tribunal para o condenar. Segundo o xuiz intrutor do caso, as mensaxes do músico madrileno alimentaban o discurso do odio, lexitimaban o terrorismo como fórmula de solución dos conflitos e denigrían as vítimas. Así pois, apesar do sentido humorístico dos chíos e a absolución ditada con anterioridade pola Audiencia Nacinal española, o Supremo castigouno con pena de prisión.

 

A xoven murciana Cassandra Vera, que foi arrestada na cuarta Operación Araña

 

Unha situación similar viviu a xoven murciana Cassandra Vera, que despois de ser arrestada na cuarta Operación Araña, desatada semanas antes de teren lugar os comicios ás Cortes españolas de 2016, foi condenada a un ano e medio de prisión e sete de inhabilitación por facer burla do atentado en que morreu o almirante Luís Carrero Blanco en decembro de 1973.  Embora a mesma Lucía Carrero Blanco, neta do sucesor de Franco, restou importancia ás mensaxes e Vera alegou que “non pretendía enaltecer ETA senón facer humor daquel episodio da historia”, a Audiencia Nacional parapetouse atrás do artigo 578 para sancionala cunha pena que, ao ser inferior aos dous anos, evitou que ingresase en prisión.

As piadas sobre Carrero Blanco xa provocaran que, en 2015, o xoven Beñat Lasa fose condenado a 18 meses. Con diferenza a Casssandra Vela, a Audiencia arguiu neste caso que a publicación dunha imaxe do atentado era motivo sficiente para procesar e condenar o encausado.

 

578: código contra a disidència

A arbitraria aplicación do artigo 578 foi denunciada por diversas entidades, entre as cales Amnistía Internacional, que no seu relatorio correspondente ao período 2016-2017, considera que se utiliza para “restrinxir de maneira inxustificada a liberdade de información, expresión e reunión”. tamén a Plataforma de Encausados pola Operación Araña e algunha das persoas procesadas criticaron o carácter abusivo e a dobre vara de medir que empregan os tribunais españóis á hora de o aplicaren. Tamén se referiu a esta circunstancia o propio Alfredo Remírez, para quen “aproveitando que é un artigo manipulábel, serve aos xuíces para interpretaren as accións doutras persoas á súa discreción”. Remíres pon un exemplo concreto: “se eu me alegro de que o meu amigo Pablo Gorostiaga, ex alcalde de Laudio, teña saído do cárcere despois de sete anos por un suposto delito de colaboración con ETA, poden encausarme por enaltecemento do terrorismo ainda que non compartille os seus ideais”.

 

 El maig de 2015, també va ser detingut César Strawberry, integrant de Def con Dos

 

Segundo Remírez, con estas actuacións, o Estado quer enviar un aviso a navegantes. “Pretenden calarnos a boca e esperan que cen persoas máis o fagan por temor a que lles pase o mesmo”, asegura o activista vasco. No seu parecer, a Operación Araña responde á estratexia de alargar o perímetro de castigo a calquera persoa que, a medio do humor ou a opinión, exprese un cisco de crítica ás politicas do goberno español desde o espazo virtual. “O activismo nas redes dá os seus frutos e eles sábenno, daí que queiran controlalo e restrinxirlle os contidos”.

Alén de coarctar a liberdade, o xoven viscaíno considera que a persecución á disidencia responde á idea do Partido Popular de deitar unha cortina de fume para “ocultar a súa corrpción, o asasinato de inmigrantes que tentaban chegar ás costas de Melilla, a campaña contra o soterramento do AVE en Murcia ou, últimamente, o encarceramento de líderes sociais e de parte do goberno de Catalunya”.

Así, se a Lei Mordaza se converteu un dos instrumentos que abafan o dereito á libre manifestación através de multas contra medios, xornalistas e reporteiros gráficos independentes, a Operacón Araña é outra vía utilizada para frear a crítica politica. “É sorprendente, porque ainda que xa van cinco anos da tregua definitiva de ETA, multiplicáronse por 15 as denuncias da Audiencia Nacional por casos de enaltecemento do terrorismo”. En troca, nin os comentarios denigrantes do atentado jihadista do 11-M de 2004, das vítimas da guerra suxa perpetrada polo Estado o os que exaltan o réxime nazi ou a ditadura franquista tiveron percorrido xudicial apesar das denuncias presentadas por entidades e particulares nos últimos anos. Igual que non presperaron, até agora, as denuncias formuladas nos tribunais por políticos ameazados de morte, como é o caso do presidente da Generalitat, Carles Puigdemont, e outros dirixentes de ideoloxía progresista ou soberanista.

Cando fixo xa unha semana desde o encarceramento de Remírez, a Operación Araña podería ter ainda novos damnificados. É o caso de Boro, xornalista do portal La Haine, chamado a xuízo o próximo día 30 e para quen se solicitan 20 meses de prisión, 13 de inhabilitación e dous de liberdade vixiada por ter divulgado crónicas reivindicativas no Facebook; Kaiet Prieto, un xoven de Barakaldo (Biscaia) que terá de responder diante dos tribunais o 1º de febreiro de 2018 ou a xoven, tamén de Barakaldo, Andeka Jurado, pendente de coñecer se o Tribunal Supremo ratifica ou non os 18 meses de pena imposta pola Audiencia Nacional pola publicación de diversas mensaxes en que, supostamente, tamén incorrerían nun delito de enaltecemento do terrorismo.

“Con estes xuízos, cren que modificarán as nosas maneiras de protestar, cando é o contrario”, afirma Alfredo Remírez. Para este mozo, o primeiro cidadán do Estado confinado por opinións na rede, a única maneira de afrontar o embate é manter a desobediencia e o apoio mutuo porque, como experimentou en carne propia, “a solidariedade é a cura ás feridas da represión”.

ÀLEX ROMAGUERA

Fonte: La Directa