Salvador Barbeito, relixioso asasinado en Arxentina en 1976Salvador Barbeito, relixioso asasinado en Arxentina en 1976

 

Entre as  persoas secuestradas e posteriormente asasinadas están numerosas vitimas de orixe galega. O caso máis coñecido, que é parte substancial  do relatorio da fiscal Mercedes Soiza Reilly, é a desaparición da militante da mocidade comunista Inés Ollero, que foi o primeiro caso de “habeas corpus” aceptado durante a ditadura, sendo o xuíz Eugenio Raúl Zafaroni, o encargado de ditar a dita resolución.

A investigación do seu pai Cesar Ollero foi determinante para que este caso se convertese nun testemuño fundamental para xulgar estes criminais. “O expediente iniciado polo avogado Nuger, empezaba a concentrar probas como ningún outro expediente durante a ditadura”, expresou a fiscal Mercedes Soiza Reilly no tramo da súa alegación que expuxo na mega causa. Silvia Oleiro, irmá de Inés, declarou ao coñecer a sentenza: “Sinto moita alegría por esta sentenza e ao mesmo tempo moita dor e rabia por todo o sufrimento que nos fixeron pasar. Ao escoitar a sentenza pensei no meu pai Cesar, que tanto loitou para que chegase este día”.

Ademais de Inés Ollero, as vitimas galegas foron  Elsa Martínez Mesejo, Gondomar (Pontevedra): Salvador Barbeito Doval, Sanxenxo (Pontevedra);  Hilda Fernández Duran, Boimorto (A Coruña), María Noia García, Leiro (Ourense), Beatriz Ofelia Mancebo (A Coruña). Tamén outras persoas de orixe galega sufriron secuestro e desaparición e posteriormente foron postas en liberdade, entre elas, Susana Leirachà, Valdoviño (A Coruña); Nora López Tomei, Coiros (A Coruña): Graciela Daleo, Cervo (Lugo) ou Pilar Calveiro, A Coruña.

Tanto no xuízo instruído no Reino de España polo xuíz Garzón, como na causa do Primeiro Corpo de Exército e a megacaua ESMA, tivo unha activa participación a Federación de Asociacións Galegas e a Confederación Intersindical Galega.

 

O ditador Videla con toda a xunta militar golpista arxentinaO ditador Videla con toda a xunta militar golpista arxentina

 

“FÍXOSE XUSTIZA”

A dirixente desta entidade, Lorena Lores, sinalou, logo de coñecer a sentenza, que “se fixo xustiza coas nosas vítimas galegas e arxentinas”. “Lamentablemente a monarquía española a través do rei Juan Carlos, deulle o seu apoio directo ao goberno de Videla, desatendendo ás vítimas españolas. Reclamamos ao goberno español, que a lei  29/2011 do 22 de setembro de Recoñecemento e Protección Integral das victimas de terrorismo, tanto no territorio español como no exterior, tamén poidan acollerse á devandita lei, da cal están excluídas”, engadiu.

A causa ESMA estivo a cargo do xuíz Sergio Gabriel Torres, que investigou as violacións aos dereitos humanos que tiveron lugar entre o 24 de marzo de 1976 e o 10 de decembro de 1983.  Un proceso no que participaron tamén os xuíces Leopoldo Bruglia, Adriana Palliotti, Daniel Obrigado e Pablo Bertuzzi, este último en calidade de xuíz substituto, e que deu a coñecer este pasado mércores o veredicto no xuízo oral por crimes de lesa humanidade cometidos na ESMA.

E este xuízo non sería posible se, anteriormente, a Audiencia Nacional española non iniciara baixo a instrución do Xuíz Baltasar Garzón, o xuízo polos delitos de xenocidio e terrorismo de Estado, cometidos pola ditadura militar do Xeneral Rafael Videla co apoio directo da oligarquía arxentina, os medios de comunicación monopólicos como Clarín e a propia igrexa católica. Posteriormente foi a xustiza arxentina a que tomou a substitución xudicial. Foi a partir de que o presidente Néstor Kirchner adoptou unha agresiva política para anular as leis de impunidade e reabrir as causas por violacións aos dereitos humanos.

En 2003 a Corte Suprema de Xustiza declarou a imprescriptibilidade dos delitos de lesa humanidade (Fallos: 327:2312) e a inconstitucionalidade das leis de punto final e obediencia debida (Fallos: 328:2056). Contemporáneamente o Congreso Nacional declarou nulas esas leis mediante a Lei 25.779.

Desta feita foron abertas ou re-abertas as causas xudiciais por violacións dos dereitos humanos  durante o Proceso de Reorganización Nacional. En 2007 a Corte Suprema estableceu que existían 289 causas, con aproximadamente uns 1.000 procesos iniciados e con 556 persoas procesadas (con sospeita de culpabilidade acreditada por semiplena proba).

29 REPRESORES CONDENADOS

Entre os imputados da ESMA, 29 represores foron condenados a cadea perpetua por delitos de lesa humanidade  Entre os condenados á máxima pena prevista na lexislación arxentina, estánJorge El Tigre Acosta, xefe do Grupo de Tareas que secuestraba e torturaba a opositores do réxime e a súa man dereita, Alfredo Astiz. A mesma pena recibiron dous dos pilotos dos coñecidos como “vos da morte”, que lanzaron ao baleiro, sobre o mar ou o río da Prata, os corpos dopados de decenas de detidos-desaparecidos. Entre as persoas que coñeceron tan tráxico fin están dúas monxas francesas, Alice Domon e Leonie Duquet, e algunhas Nais da Praza de Maio, como a súa fundadora, Azucena Villaflor. Outro dos pilotos, Julio Poch, que fora detido en Valencia (España) en setembro de 2009, foi absolto.

Outros 19 represores foron condenados a penas de entre 8 e 25 anos de prisión e entre os 6 absoltos está Juan Alemann, un civil que foi secretario de Facenda da ditadura, que sería recoñecido nunha visita aos secuestrados na ESMA. A lectura da sentenza durou case catro horas no medio dunha gran expectativa e tensión na sala, que foi acompañada por centenares de persoas nas proximidades do xulgado. A portavoz de Nais de Praza de Maio (Liña Fundadora) Nora Cortinas, declarou emocionada: “Hoxe é o triunfo do pobo. É o pobo o que logrou que este xuízo levase a cabo e que hoxe estivesen sentados os xenocidas, diante dos xuíces”. Todas as imaxes deles saíron ao mundo. Os Xenocidas non poden disimular todo o que fixeron. Non poden tapar esa historia. Unha historia de terror, sinistra. Os que non recibiron a condena xa a van a recibir porque a loita continúa”.

Este é o listado final dos imputados nesta causa:

Listado de imputados: Jorge Eduardo Acosta, Randolfo Agusti Scacchi, Juan Alemann, Juan Arturo Alomar, Paulino Oscar Altamira, Mario Daniel Arru, Alfredo Astiz, Juan Antonio Azic, Daniel Humberto Baucero, Julio César Binotti, Carlos Octavio Capdevilla, Ricardo Miguel Cavallo, Miguel Enrique Clements, Daniel Néstor Cuomo, Rodolfo Cionchi, Juan de Dios Daer, Alejandro Domingo D’Agostino, Hugo Enrique Damario, Carlos Eduardo Daviou, Jorge Manuel Díaz Smith, Francisco Di Paola, Adolfo Miguel Donda, Juan Carlos Fotea, Rubén Oscar Franco, Miguel Ángel García Velasco, Pablo García Velasco, Alberto E. González, Orlando González, Ricardo Jorge Lynch Jones, Jorge Luis Magnacco, Roque Ángel Martello, Rogelio José Martínez Pizarro, Luis Ambrosio Navarro, Víctor Roberto Olivera, Rubén Ricardo Ormello, Eduardo Aroldo Otero, Mario Pablo Palet, Guillermo Pazos, Antonio Rosario Pereyra, Antonio Pernías, Claudio Orlando Pittana, Julio Alberto Poch, Héctor Francisco Polchi, Jorge Carlos Rádice, Francisco Lucio Rioja, Miguel Ángel Alberto Rodríguez, Juan Carlos Rolón, Néstor Omar Savio, Hugo Sifredi, Emir Sisul Hess, Carlos Guillermo Suárez Mason, Gonzalo Torres de Tolosa, Eugenio Vilardo y Ernesto F. Weber.

 

Inés Ollero, de orixe galega, desaparecida durante a Ditadura ArxentinaInés Ollero, de orixe galega, desaparecida durante a Ditadura Arxentina