Tribunal Supremo confirma a sentenza
23/05/2017

O TS confirmou as sancións de 7 e 6 meses de suspensión que o Tribunal Militar Central impuxera a un sarxento da Garda Civil e a un axente por irromperen nun prostíbulo da Guarda, bébados e a altas horas da madrugada, esixindo sexo gratis. As sancións aplícanse por abuso de atribucións con grave dano. Un "modelo negativo do que debe ser calquera servidor público".

Ler o artigo completo


Posíbel vulneración do dereito á defensa
23/05/2017

Con data 5 de abril deste ano, a deputada Rocío de Frutos (PSdG-PSOE) rexistrou no Congreso escrito en que formula tres preguntas a Institucións Penitenciarias relativas á situación vivida polo avogado Fernando Blanco e a avogada Yolanda Ferreiro no cárcere de Teixeiro o 30/12/2016, cando lles foi impedida a comunicación con tres presos do módulo de isolamento.

Ler o artigo completo


25 de Maio - Dia global de solidariedade
22/05/2017

Os 36 dias de greve de fome têm sido marcados pela repressão no interior das cadeias, com a contínua transferência dos detidos de prisão em prisão. Fora, as forças de ocupação têm também reprimido as manifestações de solidariedade com os prisioneiros em luta. Esta semana, 48 palestinianos ligados ao movimento de solidariedade foram levados pelas tropas de suas casas. 

Ler o artigo completo


5 anos lonxe da terra e a familia
22/05/2017

S.L.B., interno no cárcere de Topas (Salamanca), iniciou unha folga de fame o pasado 9 de maio para reclamar o traslado a unha prisión próxima á súa terra (Mérida) despois de 5 anos de afastamento e numerosas peticións non atendidas a pesar da difícil situación familiar (varias persoas doentes, un fillo que hai dous anos que non vé, falta de recursos económicos) e o seu bo comportamento. 

Ler o artigo completo


Em favor das 1500 persoas em greve de fame
22/05/2017

No 22 de maio, a Delegaçom em Israel e a Subdelegaçom em Gaza da Cruz Vermelha derom resposta aos escritos em que BDS-Galiza, a CIG e EsCULcA instavam o organismo internacional a intervir para melhorar as duras condiçons a que o estado sionista submete as prisioneiras e prisioneiros palestinianos em greve de fame desde hai 36 dias.

Ler o artigo completo


Membros e mandos do ente público AXEGA
20/05/2017

Persoal do 112 denuncia o papel da Xunta de Galiza na persecución de traballadoras e traballadores da empresa que manteñen unha greve desde hai xa máis dun mes. O acoso seria exercido por persoas da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), creada en 2007 como un ente instrumental encarregado do estudo e a execución en materia de protección civil e xestión de emerxencias.

Ler o artigo completo


O colectivo denuncia movementos pouco ortodoxos
20/05/2017

A pasada sexta feira, 19 de maio, a asociación Ve-la luz deu a coñecer os motivos que terían levado o concello de Madrid a non lle renovar "o permiso para continuar en folga loitando por axudar e protexer as vítimas da violencia machista". O colectivo decidiu convocar unha concentración na Puerta del Sol a partir das 09:00 do dia de hoxe (20/05) que durará toda a xornadas.

Ler o artigo completo


Suécia arquiva processo contra Assange
19/05/2017

A ameaça de extradição para a Suécia terminou. No entanto, um pedido de extradição dos Estados Unidos da América não está ainda colocado de parte, e esse pedido seria automaticamente aplicado por parte das autoridades britânicas. Pelo que o exílio na embaixada do Ecuador deve por isso continuar dado que é esta ameaça que fundamenta o pedido de asilo de Assange.

Ler o artigo completo


Parlamento Europeu
18/05/2017

Numa resolução aprovada esta quinta-feira, o Parlamento Europeu manifesta a sua preocupação perante os relatos de detenção arbitrária e tortura, exortando à realização de uma investigação independente sobre os alegados crimes. Deputadas e deputados instam as autoridades chechenas e as autoridades da Rússia a respeitarem os seus compromissos internacionais.

Ler o artigo completo


A Generalitat leva o caso á Fiscalía de Menores
18/05/2017

Indicios de malos tratos, duchas frías, comida caducada, edificios ruinosos... eran as condicións de varios centros de acollida de menores da Comunitat Valenciana agora pechados. A vicepresidenta e consellera de Igualdade, Mónica Oltra,  denunciou que o anterior goberno renunciara a inspeccionar os centros e entre os anos 2012-2015 só realizou seis informe dos 80 centros de acollida.

Ler o artigo completo