You are herePeticións de información en aplicación da Lei de Transparencia 19/2013

Peticións de información en aplicación da Lei de Transparencia 19/2013



Sobre número de persoas presas en prisión preventiva

Solicítase á Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias se expida información relativa ao número de persoas ingresadas en calidade de preso/as preventivo/as nas prisións sitas na comunidade autónoma da Galiza na data da solicitude. Información non disponíbel na web da institución.


Pendente

Documentación:
Solicitude



Sobre actuaçom da Polícia Local na rotunda de Coia

Solicita-se ao Concelho de Vigo informaçom sobre a actuaçom da Polícia Local na rotunda de Coia onde o governo municipal pretende instalar o barco Bernando Alfageme quando tinha lugar umha concentraçom de protesta contra as obras de remodelaçom da citada rotunda.


Pendente

Documentación:
Solicitude



Sobre actuacións da PL da Coruña contra persoas que procuran obxectos no lixo

Solicítase se expida a seguinte información: número de actuacións realizadas pola Policía Local do Concello de a Coruña por manipulación dos colectores do lixo no ano 2013 e 2014 en aplicación da ordenanza de xestión de residuos municipais e limpeza viaria. –nacionalidade das persoas obxecto da actuación. –número de expedientes sancionadores terminados derivados das devanditas actuacións. –número de sancións impostas e contías das mesmas.


Pendente

Documentación:
Solicitude