You are hereDeus teña misericordia de nós

Deus teña misericordia de nós


Israel non é o que se pensabe

Israel non é o que vostede pensaba, non o que o mundo pensaba, non o que imaxinan os israelís de si mesmos. A sociedade israelí non é laica, non é liberal e tampouco é ilustrada.

Deus existe. O oitenta por cento dos xudeus israelís non pode estar equivocado. E é precisamente por esa razón que temos que dicir que Deus  nos protexa dos resultados da enquisa realizada polo Instituto Guttman do Centro de Israel para a Democracia e a Fundación Avi Chai e que publicou este xornal. Aínda que é concebíbel a posibilidade de facer fronte a esta crenza que queima -a maioría da poboación cre na divindade-, que facemos co "Deus elixiunos? O setenta por cento dos enquisados dixo que tamén cría que os xudeus son o pobo elixido e este temíbel parámetro crece de forma alarmante.

Hai que agradecer aos enquisadores por deixaren que o gato saia da bolsa. Parafraseando o slogan publicitario de Haartez da década de 1990, Israel non é o que vostede pensaba. Non o que o mundo pensaba, tampouco o que os israelís pensan de si mesmos. A sociedade israelí non é laica, non é liberal e tampouco é ilustrada. Se puidesen pensar libremente, cabe a dúbida de se o 80% dos iranianos respondería que é crente; é dubidoso que exista algunha outra nación libre no planeta, coa posíbel excepción dos estadounidenses que produza os mesmos resultados. Mais seguramente non hai ningunha outra nación do planeta que estea segura na súa certeza arrogante de ser seleccionada entre todas as demais nacións e elevada por encima delas.

Os resultados desta enquisa de gran alcance son a chave máis importante para a comprensión da sociedade israelí e a conduta dos seus gobernos. É o único prisma a través do cal só é posíbel comprender a ocupación, o racismo, o proceso da crecente relixiosidade da poboación e a capitulación fronte aos colonos. Nos nosos corazóns, pensamos que este é o noso destino. Se calquera sociedade ilustrada trataría os colonos e ultraortodoxos como marxinais, grupos excéntricos e/ou mesiánicos, en Israel a actitude cara a eles provén dun lugar moi profundo dentro da sociedade "secular". Se en calquera sociedade ilustrada a ocupación esperta protestas e repulsión, a actitude aquí cara a eles baséase nunha crenza relixiosa que justifica todas as súas iniquidades.

A enquisa demostra que todos somos novos de “berce elevado", e que a maioría de nós somos sicarios. As expresións de racismo cara os árabes e estranxeiros, a actitude arrogante de Israel cara á opinión pública internacional, todo pode explicarse tamén pola crenza ignorante e primitiva da maioría dos israelís (70%) de que temos permiso para facelo porque EL nos elixiu. Mesmo o carácter relixioso do Estado, que é moito menos secular do que tendemos a pensar, non hai autobuses ou voos do Ao en Shabat, non existe o matrimonio civil, non hai hoteis que non teñan cociña ritual, unha mezuzá na jamba da porta de case todos os lares e un número cada vez maior de persoas que a bican cando entran ou saen, e todo isto pódese explicar cos datos da enquisa.

Hai moita menos coacción relixiosa do que parece e moitos máis dispostos aos caprichos do fundamentalismo xudeu. A partir de agora, xa non pode dicirse que a maioría secular ten achantada á minoría relixiosa, non hai unha maioría secular, só unha minoría insignificante.

En contraste coa maioría dos países europeos hoxe en día, en Israel "ateo" é un termo despectivo que poucas persoas se atreven a dicir, moito menos o utilízan para identificarse. Nun país semellante, é imposíbel falar seriamente da laicidade. Temos que admitir a verdade, e é que somos case unha sociedade relixiosa e un Estado case baseado na lei relixiosa. Non hai necesidade de seguir contando o número de persoas que utilizan o solideo, panos na cabeza ou capotes longos. A xente coa cabeza descuberta atópase no mesmo campo mentres acepten o carácter do seu Estado, onde a relixión é o Estado e o Estado é a relixión, todo mesturado. Non hai necesidade de seguir sendo sorprendido polo extremismo relixioso, de ser relixioso, xa sexa moderado ou extremo, é o mesmo, e é a maioría aquí.

De Jenin a Hebrón, estamos na Ribeira Occidental, sobre todo porque a maioría dos israelís cren que non é só a terra dos patriarcas, senón que isto dános un dereito patrimonial á soberanía, á crueldade, o abuso e a ocupación, e ao diaño coa posición da comunidade internacional e os principios do dereito internacional porque, despois de todo somos os elixidos de entre os demais pobos. Desde Bnei Brak (1) a Mea Shearim (2), estes ultra ortodoxos son, en gran medida, nós, só con vestimenta e linguas diferentes, versións máis extremas da mesma crenza.

Talvez era inevitable. Un Estado que xurdiu nun determinado territorio e conquista outro territorio e permaneceu alí case para sempre, todo sobre a base de historias da Biblia. Unha poboación que nunca decidiu se se trataba dunha nación ou unha relixión e un Estado que pretende ser un "Estado xudeu", aínda que ninguén ten idea do que iso significa. Todo isto non pode existir sen un fundamento que é o dun pobo elixido que cre no seu Deus. Isto é Israel en 2012. Deus teña misericordia de nós.

(1) e (2) barrios ultra relixiosos de Xerusalén

Traducido da versión en español de Rebelión.