You are hereO MNP(T): tarde, mal e á forza

O MNP(T): tarde, mal e á forza


UM MECANISMO XORDO E CEGO
07/03/2012

Hai mais de dous anos, o 15/10/2009, coincidindo coa comparecencia do estado español perante o Subcomité de Prevención da Tortura da ONU (SPT), o goberno anunciou por sorpresa a creación inminente dun Mecanismo Nacional de Prevención da Tortura (MNPT), dando así tardío cumprimento aos compromisos adquiridos pola sinatura do Protocolo Facultativo da Convención contra a Tortura e Outros Tratamentos ou Penas Crueis, Inhumanas ou Degradantes da ONU en 2004.">No pasado mes de febreiro, tamén tardiamente, tamén por sorpresa e tamén antes de os representantes do goberno compareceren perante o Subcomité, o BOE publicou a Resolución das Mesas do Congreso e o Senado sobre a modificación do Regulamento de Organización e Funcionamento do Defensor del Pueblo,  establecendo así a composición, o orzamento e normas de funcionamento de que durante dous anos careceu o MNPT;">Ainda que inesperado, o anuncio de 2009 chegou con varios anos de atraso e o instrumento naceu eivado. O proceso que levou á súa implementación foi  decididamente opaco, as suxestións e requerimentos da sociedade civil foron ignorados unha e outra vez, o mecanismo ficou integrado na Defensoría del Pueblo  (coas obvias limitacións que esa integración impón) e o seu desenvolvimento foi abandonado a un regulamento de aprobación posterior.">De nada valeu que sociedade civil, a través de organizacións como a Coordinadora de Prevención e Defensa contra a Tortura (CPDT), da que EsCULcA forma parte xunto con outras 45 asociacións, mostrase a súa preocupación e interese na creación dun mecanismo acorde coas indicacións dos organismos internacionais e capaz de servir como instrumento na prevención da tortura. O goberno obviou o diálogo e a CPDT tivo coñecemento da precipitada creación a través do BOE.">De nada valeu tampouco que a CPDT mostrase o seu desacordo con a decisión de integrar o mecanismo na Defensoría del Pueblo por esta institución ser incompatíbel con outras instancias, o que lle impede actuar nos casos de tortura en que un órgano xudicial estea coñecendo dese suposto.">E como o que mal comeza díficilmente pode mellorar durante os seus dous anos de vida o MNPT foi perdendo a pouca identidade, formal, con que nacera. No seu primeiro informe, presentado no verán do 2011, revelou que xa non era un mecanismo de prevención da tortura, senón simplemente un "Mecanismo Nacional de Prevención" (sic). A exclusión da palabra tortura non é algo inocente, os  órganos do estado español sempre omitiron, nos seus informes e comparecencias nacionais e internacionais, calquera referencia, mesmo formal, á tortura. O MNPT non ía ser menos: nas súas mais de 200 páxinas, o informe non fai nin unha soa mención. A idea é clara e contundente, no estado español, non se tortura; non importa que sentenzas ditadas polo Tribunal Europeo afirmen o contrario nin que informes de organismos como o SPT da ONU ou o CAT documenten a súa existencia.">Un mecanismo xordo e cego O MNPT naceu e sobrevive xordo e cego á evidencia, sen oir o que din as persoas que foron obxecto de tortura e sen ver as marcas que a tortura deixou nos corpos.

Tan xordo e tan cego que nin sequera se fai eco das recomendacións internacionais que instan unha e outra vez o estado español a pór fin ao réxime de detención incomunicada. Antes ben, recolle os argumentos oficiais que "aconsellan" a súa continuidade (!),

Se pouco podíamos agardar dun Mecanismo preventivo xordo e cego, reasignado na contravertida figura do Defensor del Pueblo (ora Defensor, ora Mecanismo), o feito de se ter deixado para un momento posterior,como dicíamos no comezo, establecer a composición, o orzamento e as funcións eliminou calquera resto de esperanza.
Mais entón, como foi posíbel o traballo do ano 2010? Quen fixo as visitas de que se fala no informe de 2011? Non o sabemos. Outra vez deparamos con obscurantismo, as presas e as solucións pola porta de atrás.
En febreiro deste ano, o Reino de España tiña que comparecer novamente perante o Subcomité de Prevención contra a Tortura da ONU (SPT) na sua 16ª Sesión Plenaria, concretamente o dia 20 de febreiro.

Desta volta, os representantes do Reino, cansados das intromisións da sociedade civil, conseguiron que o SPT non tomase en consideración a posibilidade de permitir a comparecencia de membros de asociacións de dereitos humanos como si acontecera en ocasions anteriores. A última no ano 2009, cando o estado español tirou da cartola no último momento o coello da creación express do Mecanismo, despois de anos de inxustificada demora.

Mais, como comparecer agora, dous anos máis tarde, cun MNPT ainda incompleto, sen composición nin orzamento? Había que darse presa e abir outra vez a porta de atrás.
O 6 de febreiro, o Boletín Oficial das Cortes Generales, recollendo a Resolución das Mesas do Congreso dos Diputados e do Senado, reunidas o 25 de xaneiro, anunciaba a modificación do Regulamento de Organización e Funcionamento do Defensor del Pueblo. Por suposto, os grupos parlamentares que non están representados nas Mesas non tiveron coñecemento da Resolución.

O que foi e será o traballo do chamado Mecanismo Nacional de Prevención, coa omisión da única palabra que poderia marcar o seu sentido, fica reflectido na forma en que naceu e na forma en que foi regulado o seu funcionamento: nas dúas ocasións pola porta de atrás e nas dúas coincidindo con comparecencias obrigadas do estado español perante o Subcomité de Prevención contra a Tortura da ONU.

Dun estado cun Mecanismo de Prevención, non da Tortura, que nega sistematicamente unha realidade que lonxe de minguar aumenta de ano para ano, dun estado que lonxe de abolir un réxime como a prisión incomunicada amplia os casos en que a aplica, dun estado que mantén "en funcións" durante dous anos un cargo transformista como o do Defensor del Pueblo por desacordo entre as dúas forzas políticas encargadas do nomeamento do titular, dun estado que, sobre todo, nega a evidencia de que no seu territorio se pratica a tortura, dun estado como este pouco, ou mellor nada, podemos esperar.