You are hereFazer efectiva a boa noticia

Fazer efectiva a boa noticia


Naiz
31/08/2012

A concesión da liberdade condicional ao preso enfermo Josu Uribetxebarria é boa noticia aínda que a resolución sexa recorríbel nun prazo de cinco días hábiles, cando a liberdade se faría efectiva se ningunha das partes presenta un recurso. Deixa físgoas para prolongar a incerteza e, visto os antecedentes do comportamento do Goberno neste caso, tal vez alguén estea aínda tentado de tensar máis unha situación que xa non dá máis de si. Non cabe descartar que os sectores que estiveron preparando o camiño para que unha decisión xudicial nestes termos fose presentada como unha «traizón» que significa «axeonllárense humillados» ante os independentistas vascos manobren nese sentido. Non lles faltan resortes para facelo. Con todo, a súa política penal está en cuestión, tal e como sinalou o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos. O seu comportamento vengativo, o afán de facer un pulso dun caso que tiña desde o principio unha solución razoábel e a custo mínimo, e a infinita torpeza política que demostraron, quedaron en evidencia. Non entenden, ou non queren entender, que cando as situacións son levadas ao límite, convértense no seu contrario.

No medio dunha atmosfera de hostilidade, millares de compatriotas de Uribetxebarria tomaron as rúas para reclamar unha solución que lle permitise sair en liberdade canto antes para poder morrer con dignidade rodeado dos seus. Ese esforzo está agora sendo recompensado e o será por completo cando a porta aínda pechada se abra para sempre. Será entón tempo para o balance e para tirar conclusións, para facer que unha situación como esta nunca volva repetirse, para que ningún outro preso vasco enfermo pase todo o que Uribetxebarria tivo que pasar.

«O meu tempo acaba, só pido pasalo con dignidade». Esta foi a súa mensaxe, que aínda resoa nas conciencias de moitos cidadáns vascos. Que se faga realidade colmataría un desexo colectivo. Hoxe estase mais preto que onte. O mañá sería merecido.