You are hereA inviolabilidade do rei

A inviolabilidade do rei


José Antonio Martín Pallín
11/12/2012

A sacralidade da orixe poder e da inviolabilidade dos Reis e Xefes de Estado é unha secuela dos sistemas teocráticos e absolutistas, incompatíbel coas raíces da democracia. No entanto, mantense formalmente nalgunhas constitutucións se ben cun contido diferente.

A vixente Constitución, no art. 56, proclama a inviolabilidade da persoa do rei e a sua exención de responsabilidade. Os seus actos estarán sempre referendados polo Presidente do Goberno ou os ministros, que asumen as responsabilidades políticas ou eventualmente penais que se desprendan das decisións políticas tomadas. Unha interpretación constitucio­nal do principio de igualdade e a supremacía da soberania popular só permite estender a inviolabilidade do Rei aos actos que deban ser referendados.

Todo o sistema de inmunidades respecto dos actos dos xefes de Estado están sempre relacionados coas funcións propias do seu cargo e nunca poden alcanzar os comportamentos que nada teñen que ver coas súas decisións politicas. O Estatuto da Corte Penal Internacional, ratificado por España , establece que para os delitos de competencia da Corte (lesa humanidade, xenocidio,crimes de guerra ou agresión) os Xefes de Estado carecen de inviolabilidade.As inmunidades e as normas de procedementos especiais que leve o cargo oficial dunha persoa en conformidade co dereito internacional non serán obstáculo para que a corte exerza a súa competencia sobre eles.

A inviolabilidade do Rei non pode ser ampliada a demandas que para nada afectan os actos propios do Xefe do Estado polo que, sen prexuízo da decisión en cada caso procedente, non hai un obstáculo de procedibilidade para investigar a paternidade atribuída á persoa do Rei. Os autos ditados polos XULGADOS DE PRIMEIRA INSTANCIA DE MADRID carecen de sustento constitucional e constituen unha denegación de xustiza para os demandantes. Se se confirma a posición, contraria na nosa opinión, ao dereito Constitucional , o Rei como persoa podería dispor do seu patrimonio desherdando os seus fillos matrimoniais, mesmo sucesores na liña dinástica.

 

Orixinal: Boletin Aranzadi Actualidad Jurídica núm. 854.

Tradución: EsCULcA

Deixemos a figura do Rei no súa xenuina posición constitucuional. Admitamos que pode ser demandado por feitos relacionados coa súa vida privada e respectemos os valores constitucionais.