You are hereNakba e Shoá, a catástrofe que non cesa

Nakba e Shoá, a catástrofe que non cesa


14/05/2013

Neste mes de maio estase a celebrar o 65º aniversario da Nakba palestina, que conmemora un funesto 15 de maio, no que a declaración do estado de Israel primeiro e a expansión violenta nos territorios palestinos, foi levando a milleiros de homes, mulleres e nenos a ser expulsad@s pola forza dos seus lares polo sionismo xudeu, e obrigad@s a viviren en campos de refuxiad@s, iniciándose un éxodo progresivo que dura até hoxe.

Nakba é un termo árabe que significa “catástrofe”, ou “desastre”. Concepto equivalente ao termo hebreo shoá, que significa tamén “catástrofe”, e que os xudeus adoitan referir ao seu “holocausto” no réxime nazi. Aos xudeus sionistas pareceralles que esta comparanza é un exceso, pois din que no seu caso os nazis asasinaron a nove millóns de xudeus inocentes, sen outra consideración que exterminar a este pobo; mentres que o que eles fan cos palestinos é simplemente “actuar en defensa propia” fronte á ameaza que representa para eles o “terrorismo” palestino. Pero a realidade é que o que eles están a facer co pobo palestino é tamén un verdadeiro exterminio e limpeza étnica contra o pobo palestino; aínda que non tan rudamente: non meten aos palestinos apiñados en cámaras de gas e non os levan de alí ao crematorio.

O certo é que o preto do millón de desprazados de 1948, incrementouse ata converterse na actualidade nos  máis de catro millóns (!) recoñecidos pola ONU. E se é gravísima a situación destes refuxiados que viven miserablemente en verdadeiros campos de concentración na súa mesma terra, na Franxa de Gaza e en Cisxordania -muro de separación incluído- e outros centos de miles desprazados en campos do Líbano, Siria, Transxordania, Exipto, etc. máis grave é aínda son os centos de miles de mortos palestinos e as súas casas derruídas, que supuxo estas décadas de ocupación.

Nun artigo meu publicado en Sermos Galiza o 19 novembro do ano pasado (“Din: ‘¡Paz! ¡Paz!’ pero non hai paz”), falaba deste violento conflito; da vergoña da mesma Xerusalén (“cidade de paz”), convertida en cidade de conflito e violencia, en cidade de discriminación e de exclusión, no canto de cidade de reconciliación; e falaba do “Documento Kairós Palestina”. Este documento foi elaborado por dirixentes palestinos cristiáns, que fronte a esta situación de violencia, afirman a súa fe nun Deus de todos “bo, xusto e amante de tódalas creaturas”; un Deus particularmente dos humanos, cuxa dignidade é igual en cada persoa, un Deus que busca que no chan palestino desenvolvan xuntos esa terra de todos. Os cristiáns de Kairos Palestine están convencidos de que este é o “kairós”, o momento crucial para dar grandes pasos cara a reconciliación e a paz con xustiza para palestinos e xudeos.

archa unha campaña global de boicote a Israel chamada BDS (“Boicote, Desinvestimento e Sancións”), que se implantou cinco anos despois na Galiza. Esta campaña conta co apoio da “Coordinadora de Crentes Galegos/as”, que fixo un comunicado sumándose ao “Documento Kairós Palestina”. No seu documento, os cristiáns galegos “apoian sen ambigüidade” BDS-Galiza, e únense “aos grupos de resistencia e solidariedade internacional, facendo unión con todos eles con accións pacificas e de xeito non violento, invitando a compartir este compromiso a tódalas organizacións cristiás de Galiza e de España”.

Como é coñecido, o saúdo cristián, o saúdo musulmán e o saúdo xudeu son o mesmo: “Paz convosco”, “Salam alekum”, “Shalom alejem”. Tristemente, a violencia onte e hoxe entre irmáns/ás cristiáns, musulmáns e xudeus non correspondeu demasiadas con este saúdo, pero as cousas poden ser diferentes. Indignémonos pacificamente fronte a esa fonte de violencia constante que nace da inxustiza diaria no chan palestino-xudeo.

 Só esa loita pacífica vai cambiar as cousas.

 Orixinal: Sermos Galiza