You are hereO segredo mellor gardado. A actuación das tropas españolas no Iraque e Afganistán

O segredo mellor gardado. A actuación das tropas españolas no Iraque e Afganistán


31/05/2013

Os militares e os diferentes gobernos españois sempre se mostraron orgullosos do exquisito trato das tropas españolas  nas súas intervencións militares no exterior. Mais aos poucos van sendo desvelados feitos polos que non se pode estar tan orgulloso.

No mes de marzo EL PAÍS facía público un vídeo en que militares españois pateaban dous detidos na base española de Diwaniya, Iraq, e o mes de maio tamén facía público o testemuño dun ex soldado "Eu fixen de carcereiro no Iraque" que relataba os malos tratos e torturas que inflixían a detidos afgáns e a preparación que recibían nun exercicio chamado "trato ao prisioneiro" en que se permitía que espancasen e vexasen, mesmo sexualmente, os propios compañeiros que facían o papel de prisioneiros .

Un manto de silencio cubriu as actuacións das tropas españolas no exterior así como a violencia interna dentro do exército. De igual maneira tampouco se dá ningunha información sobre a violencia sexual no seo das forzas armadas, como se fosen unha excepción da extensión que ten noutros exércitos como o estadounidense onde en 2012 producíronse 26.000 agresións sexuais. Só de cando en vez a Sala Militar do Tribunal Supremo se pronuncia sobre recursos dos poucos casos que lle chegan nos que se adiviña violencia sexual.

A Lei orgánica dos dereitos e deberes dos membros das forzas armadas de 2011 creou unha nova figura, o Observatorio da Vida Militar. Este observatorio provén da proposta que Xustiza i  Pau, conxuntamente con 25 ONG catalás, fixo e que foi asumida pola Lei da Defensa Nacional de 2005. Esta proposta recollía unha das principais conclusións de SILENCIOS. Violencias cotiás dos exércitos, traballo de Informació per á Defensa dels Soldats, que mostraba como os malos tratos, humillacións e abusos sobre militares e recrutas constitúen un fenómeno persistente, estrutural, na maior parte dos exércitos do mundo, e o español non é unha excepción, así como  a obrigación que ten a sociedade de vixiar que a vida militar non se constrúa na vulneración dos dereitos humanos. A Lei Orgánica 9/2011 daba un prazo de seis meses para a súa creación, mais este prazo xa venceu o 1 de abril de 2012 e de momento non parece que o ministerio que encabeza Pedro Morenés teña ningún interese en polo en marcha.

Mais está claro que ao Ministerio de Defensa interésanlle máis outros temas, como vender unha boa imaxe do exército e promocionar a chamada "cultura defensa" entre a cidadanía, que non velar polo respecto aos dereitos humanos no seu seo e nas súas actuacións.

Orixinal: Adeu a les armes