You are hereCrianzas presas

Crianzas presas

13/06/2013

Nos últimos 11 anos, segundo a organización Defence for Children International, pasaron polos cárceres de Israel uns 7.500 menores palestinos.  Segundo os propios testemuños e o que constantan os seus pais, ONGs e médicos,  ao saíren a maioria deles padecen serias secuelas físicas e psicolóxicas.

Nestes momentos, segundo a UNICEF, son 233 os menores de 18 anos que están encarcerados en prisións israelís. 31 deles teñen menos de 16 anos. Cada ano, as forzas israelís deteñen un mínimo de 700 menores palestinos.

    "Cada ano, as forzas israelís deteñen un mínimo de 700 menores palestinos"

O exército sionista pode reter un neno 188 días antes de lle imputar un cargo e dous anos despois de ser culpado. Na maioría dos casos, as causas da detención son lanzar pedras, o que pode supor 20 anos de prisión.

De noite, as detencións suceden de madrugada, mentres están a durmir. De dia mentres van camiño da escola ou en calquera rúa ou beco cando a patrulla sionista reciba unha orde ou lles apetece efectuar unha detención. Mirando as caras deses  nenos (fillos de todos nós) vemos a dor e, o máis terríbel, o medo que os envolve polos golpes e as ameazas que reciben.

“O interrogador trouxo unha batería de coche para conectala aos xenitais do neno e ameazouno con electrificalo” (Kiffat Kassis, da Defense of Children International).

 “Os nenos eran un premio, atrapar un neno que atira pedras era como un premio” (Dor Sandak, ex soldado do exército sionista).

“Interrogábanme mentres os soldados me chamavam 'Rex, Rex ' coma se fose un can e eu non sabia onde ir ou que facer”(Mohammad Alkaraci, 12 anos, arrestado o 12 de febreiro e detido durante 24 horas“).

Hai moitos casos de nenos que non lembran o que lles aconteceu, sofren stress de desorde post traumática, viven na súa imaxinación, non lembran o que lles pasou. Queren evitalo. No mellor dos casos (coa negación) volveranse psicóticos e necesitarán medicación durante toda a vida. No peor converteránse en esquizofrénicos. Nalgúns casos os nenos sofren profundas depresións e nese caso o perigo é que queira pór fin á súa vida.

“Durante o interrogatorio, preguntóuselle ao neno Ou.S. se desexaba ser tratado como un animal ou un ser humano. El respondeu: 'como un ser humano'. Alxemáronno e vendáronlle os ollos, o interrogador propinoulle golpes eléctricos varias veces. A seguir, agarroulle a cabeza e bateu con ela a parede até entrar un segundo interrogador que lle mandou deitarse no chan e comezou a darlle pontapés até Ou.S. perder o coñecemento.”

“Entón obrigáronme a me axeonllar e pór as mans nos xeonllos. E ao mínimo movemento dábanos unha labazada. Deixáronnos nun cuarto pequeno e estábamos moi apertados. Díxenlle  a un que necesitaba ir ao baño, negouse, pedinllo outra vez e continuou dicindo que non me deixaba, insistín que non podía aguantar máis, entón bateume forte na cara e comecei a sangrar polo nariz, pedinlle un pano e negouse a darmo. Ao pouco chegaron con queixo fundido moi quente, puxéronmo nas mans queimándomas? Fun o último en ser interrogado,  comezaron a interrogarme, preguntando sobre o lanzamento de pedras, eu non sabía nada e non coñezo ninguén, vivo lonxe da zona que me dicían. Continuaba dicindo que non sabía nada e entretanto o secreta gritábame. Era un home moi alto e moi forte, eu tiña moito medo del. Mostrábame fotos e quería que os identificase. Eu insistía que non os coñecía, “non os coñezo!” e el non me cría. Obrigároname a  asinar uns papeis” (Ahmed , 12 anos).

En moitos casos, os nenos sofren de insomnio, micción involuntaria, pesadelos, depresión e medo de saír ou non poden enfrontarse ás persoas.
Fálase moito sobre o proceso de paz mais, desde a farsa do Cuarteto até as promesas dos mandatarios mundiais de buscar solución, só se aprecia unha política continuada de usurpación de terras palestinas e a construción de máis asentamentos, cualificados pola ONU de crimes de guerra, xunto á imparábel creación de guetos de aldeas palestinas, o que imposibilita a viabilidade do proxecto de paz de dous Estados. 

A paz é algo polo que os palestinos traballamos moito, e levan décadas sufrindo o acoso dos sionistas e o silencio vergoñoso do mundo. Lembro aquela imaxe de nenos e adultos palestinos ofrecendo ramos de oliveiras aos “soldados” que ocupaban as súas terras, cando foron asinados os acordos de Oslo,  ou noutras ocasións similares. Que tempos aqueles! Confeso ter caído naquel entusiasmo colectivo dos palestinos ansiosos por se veren libres do xugo da ocupación.

Mais se a comunidade internacional e a ONU non fan nada para acabar coa angustiosa situación das crianzas presas e a do pobo palestino en xeral, seralles moi complicado volver  presentarse como mediadores de boa vontade e bos oficios.

Orixinal: Sermos Galiza