You are hereA reforma do Código Penal. Unha reforma para a salvaguarda dos intereses de clase

A reforma do Código Penal. Unha reforma para a salvaguarda dos intereses de clase


29/09/2013

 E xa chegou. Gallardón prometeu grandes reformas e estas cumprindoas. Agora, despois das taxas ou o CGPJ, toca o Código Penal. A reforma vén encadrada, como tantas outras que han ir conformando o actual Código Penal, polo populismo punitivo endurecedor de penas e xerador de novos delitos.

A reforma vén tratar de tranquilizar un falso debate sobre a suposta levedade da nosa norma penal. A tal punto chega esta pretensión que a exposición de motivos comeza xustificando a reforma na "necesidade de afortalar a confianza na Administración de Xustiza fai preciso pór á súa disposición un sistema legal que garanta resolucións xudiciais previsíbeis que, ademais, sexan percibidas na sociedade como xustas". Pouco ou nada importa ao Partido Popular que vivamos nun dos países con menos delincuencia e maior taxa de encarceramento.

A Asociación Libre de Avogados (ALA) entende que esta reforma penal só trata de loitar contra unha suposta sensación de inseguranza agravando innecesariamente delitos e creando outros tan só para xerar titulos mediáticos de loita contra a delincuencia.

Prisión permanente revisábel, ampliación do sistema de liberdade vixiada e sistemas de control despois da condena ou a reforma do delito continuado, son só unha pequena parte desta reforma penal que tan só serve como instrumento de control social e de mantemento da hexemonía de clase. Así mesmo e baixo unha suposta pretensión de intervención mínima do dereito penal e en favor do desconxestionamento xudicial elimínanse as faltas

O punitivismo de faladoiro que mostra o Goberno non é acorde coa realidade social, aínda que si cos seus intereses de clase. O 19 de Agosto o propio Ministerio de Interior dicía que as cifras indicaban "unha descida dos índices da criminalidade en xeral". A modo de exemplo, o Ministerio daba as seguintes cifras: "tráfico de drogas (-9,4%), danos (-8,3%), subtracción de vehículos a motor (-7,7%), homicidios dolosos e asasinatos consumados (-5,0%), delincuencia violenta (-3,0%) e roubos con violencia e intimidación (-2,4%)" . A taxa de criminalidade no noso país está por baixo da media europea encabezada por Suecia con 151,9 infraccións penais por mil habitantes situándose a media da UE está en 64,9 estando o Reino da España en 50 infraccións, con só tres países con menor taxa: Italia, Portugal e Grecia.

Na Asociación Libre de Abogados entendemos que a reforma penal tan só procura o mantemento e ampliación da sociedade da seguranza. Nesta sociedade reclámase incansabelmente máis policías, comisarias e cárceres como única forma de procura dunha sociedade sen medos, con presa mesmo por perder liberdades e garantías.

Xunto á humillante cadea perpetua revisábel sitúanse novos aspectos como a extensión da Liberdade Vixiada (que non é nova no código) e a modificación da multirreincidencia. Un "todos ao cárcere" sexa como for e unha extensión do control despois dela sen xustificación algunha.

Especial consideración ten a ampliación punitiva da disidencia, mesmo a pacífica. Unha criminalización en contra da democracia, a liberdade e o dereito á disidencia que debe ser protexida e non criminalizada.

A Asociación Libre de Avogados loitará co resto de colectivos e organizacións contra esta reforma, tanto no Parlamento na súa tramitación, así como desde a rúa e nos tribunais. O Goberno non sairá vitorioso desta loita de clases, estaremos en fronte deles, na fronte por unha sociedade xusta.

Asociación Libre de Avogados

Orixinal: Tokata