You are hereDereito á defensa e presunción de inocencia

Dereito á defensa e presunción de inocencia


05/10/2015

A atención mediática no caso do asasinato de Asunta pon no foco o dereito de toda persoa á defensa (a unha defensa profesional e solvente) ou á presunción de inocencia que esixe considerar toda persoa inocente até non sexa condenada por unha sentenza definitiva.

Cúmprense estes dereitos fundamentais na nosa democracia? Contan Rosario Porto e Alfonso Basterra cunha defensa solvente e profesional? Á vista está que si, que os seus avogados son profesionais rigorosos. Contan estas defensas coas mesmas armas das acusacións? De certo que non. Estes días de xuizo fomos testemuñas de cómo a oralidade equipara dalgún xeito acusacións e defensas e permite que éstas teñan algún xogo. Porque a fase de instrución salientou polo predominio absoluto do xuíz instrutor, da policía e do fiscal na xeración dunha información que presentaba aos pais de Asunta como culpábeis certos. E diante desa enxurrada de dados e informacións, as defensas xogan con total desavantaxe. Por outra banda, teñan por certo que para ser avogados defensores nunha causa destas cómpre moita profesionalidade e un xorne especial, porque a contorna social non adoita recoñecer o bó traballo desenvolvido e tende a malinterpretalo.

É posíbel a presunción de inocencia despois de todo o visto e lido? Poden nove cidadáns galegos exercer imparcialmente de xurados sen se contaminar polo xuizo mediático? As defensas tiveron a posibilidade de desbotar as persoas nas que os sinais da contaminación eran máis evidentes. E, no que atinxe ao resto, cómpre agardar do sentido cidadán dos xurados un proceso de descontaminación que lles permita ver o caso co mínimo de ecuanimidade esixíbel. O xurado como institución democrática ten moitos inimigos, que non dubidan en usar precisamente esta suposta tendencia á contaminaciòn. Tendencia que é evidente, malia que tamén estaría presente nun Tribunal profesional, pois que os maxistrados tamén viven no mundo, len prensa e ollan a TV.

Como avogado e cidadán preocúpame fondamente a desigualdade coa que xogan as defensas neste xuizo e noutros  semellantes. E pregúntome se realmente todos preferimos, no caso de dúbida razoábel, absolver no canto de condear.

Orixinal aqui.