You are herePresentan nas institucións europeas estudo sobre situación de persoas presas

Presentan nas institucións europeas estudo sobre situación de persoas presas


Elaborado por grupo de xuristas
05/01/2016

A rede cidadá de apoio aos dereitos de presos de ETA, Sare, presentará en breve nas principais institucións europeas un relatorio sobre a situación destes reclusos. No estudo, que está en fase final de elaboración, un grupo de reputados xuristas denuncia que a política xudicial española nega de maneira permanente os dereitos dos presos “sen ningunha base xurídica”.

O documento foi realizado en colaboración coa Universidade do País Vasco (UPV/EHU) a través do seu centro de estudos xurídicos Ikasmirak. Ademais do estamento xurídico da universidade pública vasca, tamén participaron no traballo xuristas de recoñecido prestixio como o maxistrado emérito do Tribunal Supremo José Antonio Martín Pallín, defensor sen concesións dos dereitos humanos; o profesor de Dereito Penal Rafa Sainz de Rozas; o exconsejero de Presidencia do Executivo de Lakua Juan Porres; o catedrático de Dereito Iñaki Lasagabaster; e os avogados Joaquín Oquiñena e Juan Mari Vidarte -premio Manuel Irujo de Xustiza-, entre outros. En total, serán máis de 25 avogados os que van achegar a súa visión ao relatorio.

Prevese que o estudo estea completamente terminado no primeiro trimestre de 2016 e será entón cando Sare o presentará ante o Consello de Europa, no Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH) de Estrasburgo e no Parlamento Europeo a través dos grupos parlamentares.

Actitude prevaridadora

Na súa comparecencia ante a prensa, Joseba Azkarrag, ex Conselleiro de Xustiza do Goberno Vasco e portavoz de Sare, explicou que tomaron a decisión de levar a problemática dos presos vascos ás principais institucións europeas porque “Europa foi e é unha paradigma histórico no respecto dos dereitos fundamentais”. Por contra, denunciou, a xustiza no Estado español  é “unha correa de transmisión da política”, e a actitude dos tribunais con respecto ao colectivo dos presos de ETA é “prevaricadora” porque dita sentenzas “sistemáticas” contra eles.

Segundo avanzou Azkarraga, no relatorio elaborado por este equipo de xuristas denúnciase “a negación permanente dos dereitos dos presos vascos e que esta negación é usada con finalidade política, sen que exista ningunha base xurídica”. Así mesmo, sostense que “a política gobernamental e xudicial cos presos vascos non persegue a pacificación nin o principio de legalidade”. “É unha política que se alimenta do espírito de vinganza, xogando cos dereitos humanos como instrumento de freo dun proceso de pacificación ao non respectalos”, lamentou .

O ex Conselleiro de Xustiza advertiu, ademais, que a política penal española é agora “máis dura e vengativa” que hai catro anos cando ETA aínda estaba en activo e practicaba a violencia, e denunciou, así mesmo, que obriga cada familia cun preso no cárcere a percorrer 63.000 quilómetros anuais –“o que equivale a dar unha volta e media ao mundo”, sinalou- para poder velo nunhas visitas que apenas duran 40 minutos.

Ademais, estas visitas a cárceres situados lonxe de Euskadi supoñen unha sangría económica para os familiares dos presos. Segundo afirmou o portavoz de Sare, cada familia debe desembolsar ao ano uns 20.000 euros para poder visitar os reclusos. “Por todo iso, non pedimos nada que non estea xa recollido na lei, a dispersión dos presos é unha clara vulneración dos dereitos humanos”, resolveu.

Máis información aquí.