You are hereA hipocrisía do goberno inglés: Assange non, Pinochet si

A hipocrisía do goberno inglés: Assange non, Pinochet si


27/02/2016

Non é a primeira vez que o goberno inglés non dá bola ao dereito internacional, quer sexa de organismos como a ONU ou de acordos bilaterais con outros países

Nestes días o Comité das Nacións Unidas contra as Detencións Arbitrarias ditaminou que Julian Assange leva tres anos e medio en Londres "detido arbitrariamente" e instou as autoridades británicas que sexa liberado e compensado. Con todo, o primeiro ministro británico, David Cameron, decidiu descoñecer a decisión do organismo internacional e de maneira altaneira cualificouna como "ridícula" e pediu ao prisioneiro acabar con "a súa saga lamentábel".

Non é a primeira vez que o goberno inglés non dá bola ao dereito internacional, sen importar se emana de organismos como a ONU ou de acordos bilaterais con outros países. Así ocorreu no ano 2000, cando o ministro de Interior naquela altura, Jack Straw, permitiu que o exdictador Augusto Pinochet volvese a Chile a pesar da solicitude de extradición do xuíz español Baltasar Garzón, por certo, hoxe avogado de Julian Assange despois de ser inhabilitado en España como xuíz de Instrución da Audiencia Nacional.

Aquel foi un soado caso en que o xuíz Garzón tratou de facer valer o pouco usado principio de xurisdición universal, ao considerar os crimes de lesa humanidade de Pinochet como delitos internacionais, antes mesmo da entrada en vigor da Corte Penal Internacional. Pinochet estivo recluído sob arresto domiciliario en Londres durante 503 días, menos do que leva Assange na embaixada de Ecuador, período durante o cal todo o proceso de extradición indicaba que o ditador sería enviado a España para ser procesado.

Mais dúas semanas antes de que se ditase a sentenza do tribunal inglés de apelación, en primeira instancia deuse luz verde á extradición, o goberno británico contravindo os seus propios organismos xudiciais tomou a decisión de libertar o ditador.

Supostamente Pinochet presentaba unha delicada saúde, motivo polo cal non debía ser extraditado a España e o goberno británico podía infrinxir descaradamente a a separación de poderes. En marzo do ano 2000 Pinochet saía do territorio británico en cadeira de rodas e compunxido, e chegaba a Chile de pé e ben ergueito, onde o esperaba a cúpula militar [filmado polas cámaras nacionais e internacionais baixou do avión en cadeira de rodas e, despois duns metros, púxose de pé cun enorme sorriso, como dicindo enganámolos!].

O goberno laborista de Tony Blair pagaba así a débeda ao ditador polo seu traidor labor a favor dos británicos durante a guerra das Malvinas e evitaba que as vítimas das violacións de dereitos humanos sob o seu réxime puidesen reclamar xustiza.

Na actualidade a situación é a mesma, dáse a violación do dereito internacional; mais ao contrario, evítase que se poña fin á situación de confinamento arbitrario dun defensor dos dereitos humanos, como é o dereito á verdade defendido por Assange. O motivo tamén é o mesmo, o goberno británico debe moitos favores ao seu excolonia, os EUA, da que é o seu mellor vasalo; mais tamén ao contrario, Assange é unha ameaza ao status quo e os poderes hexemónicos, mentres Pinochet sempre os reforzou, con accións como a eliminación de Allende.

A triste realidade do "caso Assange" demostra máis unha vez o principio de que os poderes hexemónicos só respectan o dereito internacional cando os beneficia, sen importar no máis mínimo que o seu fin sexa o contrario, defender aos débiles.

Texto completo en: http://www.lahaine.org/la-hipocresia-do-goberno-ínguas

Etiquetas