You are hereStop radicalismo ou caza de bruxas?

Stop radicalismo ou caza de bruxas?


28/03/2016

Se esta semana, o xoves era o Día Mundial dos Dereitos Humanos, parece que camiñamos cara a un mundo máis inhumano. Xa non só polas crueis imaxes que deixan guerras como as de Siria ou dos millares de refuxiados que chegan dese país, Afganistan ou Paquistán, senón tamén pola resposta dunha parte da sociedade europea e estadounidense.

Os atentados de París propiciaron un avance do partido xenófobo de extrema dereita Fronte Nacional nas eleccións francesas do pasado domingo. Pola súa banda, o candidato republicano Donald Trump ás primarias deste partido, propuña esta semana prohibir a entrada dos musulmáns a Estados Unidos. Menos mal que nos queda Facebook, e o seu creador Mark Zuckeberg que os acolleu na súa rede social cun "todos os musulmáns son benvidos".

"Despois dos ataques de París e o odio desta semana, só podo imaxinar o medo dos musulmáns que senten que van ser perseguidos polas accións de outros", dicía o creador de Facebook, á vez que aseguraba: "Se es musulmán nesta comunidade, como líder de Facebook quero que saibas que sempre serás benvido e que pelexaremos para protexer os teus dereitos e crear un ambiente seguro e pacífico ao teu ao redor".

Con todo, talvez o broche de ouro, levouno o goberno español a principio deste mes cunha medida estrela para combater o radicalismo que pasou no bico dos pés pola prensa. E é que o goberno deste país pediu a colaboración cidadá para que denuncie os "posíbeis" casos de radicalización dunha persoa, é dicir, detectar supostamente os potenciais yihadistas, explica este ministerio nun comunicado.

Para iso, lanzou a campaña Stop Radicalismo, que se puxo en marcha o pasado 4 de decembro, e utiliza as novas tecnoloxías para que un cidadán poida denunciar os 365 días da semana e as 24 horas do día os casos de radicalización ao Centro de Intelixencia contra o Terrorismo e o Crime Organizado (CITCO).

Captura da aplicación
"?Estes tres canles de comunicación serán un teléfono público e gratuíto, que non deixará sinais ademais para que non haxa posibilidades de eventuais consecuencias ou represalias posteriores; unha páxina web á que se poderá interconectar; e así mesmo dentro da aplicación Alercops, que xa está en vigor e está a ter moita eficacia, pois un botón se activará tamén de forma secreta ao CITCO cando unha persoa crea teña coñecemento dun proceso de radicalización", detallaba recentemente o ministro segundo un vídeo que recolle o diario El Mundo.

Na páxina stop-radicalismo especifícase que serve, por unha banda, para "comunicar calquera incidencia ou problemática que, posibelmente, supoña o inicio ou desenvolvemento dun proceso de radicalización ou de xestación de condutas extremistas, intransixentes ou de odio por razóns racistas, xenófobas, de crenzas, ou de ideoloxías". Por outro, tamén dá a opción de denunciar a "extrema situación de radicalización dun individuo ou a súa posíbel desaparición e saída/entrada do territorio nacional cara a/desde zonas de conflito bélico".

A pregunta que me vén á mente é: quen decide o que é radicalización? Que parámetros ou criterios a marcan? Pode propiciar confusións e denuncias por equivocación? E a outra cousa que me perturba é que as denuncias son anónimas, secretas e non se poden rastrexar. Isto pode levar a que a xente presente denuncias falsas contra os seus veciños?

Deixar en mans dos cidadáns algo que debe estar na de especialistas paréceme moi perigoso, a ignorancia e a envexa son moi atrevidas. Isto pode acabar converténdose nunha caza de bruxas, perdón de musulmáns. Esperemos que en España haxa máis Zuckebergs que non Trumps.

Orixinal aquí.

Etiquetas