You are here"A obra trata sobre como a bruxa se enfronta aos catro piares fundamentais do Estado"

"A obra trata sobre como a bruxa se enfronta aos catro piares fundamentais do Estado"


Títeres desde Abajo
08/08/2016

A.L. -técnico de iluminación, granadino e afiliado á CNT- e R.G. -madrileno, vinculado a proxectos culturais como a radio libre e comunitaria Radio Almenara, no bairro da Ventilla- son os dous titereiros encarcerados no mes de febreiro pasado durante o entroido de Madrid por representaren a obra Don Cristóbal y la Bruja. Foron acusados de delitos de enaltecemento do terrorismo e incitación ao odio por unha faixa exhibida durante a representación, en que se lia "Gora Alka-ETA". A súa compañía de teatro, Títeres desde Abajo, naceu hai tres anos, cando ambos decidiron aproximar o teatro -como proxecto político- aos movementos sociais e xerar un repertorio de obras teatrais con forte contido social e político.

A obra Don Cristóbal y la Bruja pola cal fostes encarcerados... de que trata? Por qué tanto escándalo?

A.L. - A protagonista da obra é unha bruxa que vive nunha casa ocupada e, no seu dia a dia, enfróntase aos catro piares fundamentais do Estado. Primeiro enfróntase ao propietario da vivenda, que quere cobrarlle por vivir alí. Como ela non ten cartos, o propietario aprovéitase sexualmente dela. Durante a faena el acaba morto. A consecuencia desta violación, ela resulta preñada. O segundo poder con que se enfronta é unha monxa, que quere coller o neno crendo que se criará mellor nunha familia convencional ou nun convento. Tenta roubarlle a crianza e, aqui, a obra adquire dinámicas tradicionais do teatro de porrete. No fin, a bruxa bate na monxa e esta cai por terra. Aparece o policía, o terceiro dos poderes, o aparato represor. Este deixa KO a protagonista e, en tanto a bruxa está desmaiada, o policía introduce elementos na casa para os usar como proba para a condenar por terrorismo, como por exemplo um artefacto expolosivo em forma de albóndiga. Aparece unha simulación do libro Contra la Democracia -que foi usado como indicio noutros casos contra anarquistas- e, despois, introduce a famosa faixa e tíralle fotografias. Despois da montaxe, o policía detén a bruxa e lévaa perante o xuiz. O xuiz aproveita estas probas para a condenar á forca. Nesa altura comeza unha dinámica na cal a personaxe non sabe como funciona a forca; o xuiz explícallo, mete a cabeza na forca e el mesmo acaba enforcado, picarescamente. A obra trata sobre como a bruxa se enfronta aos catro piares fundamentais do Estado: a propiedade privada, a Igrexa, o aparello represor e a xustiza.

É sabido que a vosa obra estaba autorizada polo Concello de Madrid e que dixérades que non era una obra infantil. Como vos explicades, daquela, as declaracións do Concello cando dixeron que tomarían represalias contra vós?

A.L. - De feito, o Concello, alén de autorizar a obra, contratounos. O concello actúa cando todo o aparato mediático se pon a funcionar. É o primeiro que vai aos xulgados após a denuncia, ainda que, despois, esta denuncia por delito de enaltecemento do terrorismo si que foi a fiscalía e a Audeincia nacional , que actúan de oficio; quer dicir, aqui, o Concello non tivo nada a ver, mais si que acudiu aos xulgados penais pór unha denuncia. Aquela mesma noite xa saiu Bescansa (Carolina Bescansa) deputada de Podemos no Congreso) na televisión presumindo que o Concello fora o primeiro em actuar pondo unha denuncia e que fora a mellor actuación. Despois, o Concello recuou mediaticamente cando se viu que a sociedade mudara: había protestas e manifestacións. Primeiro, o Concello actuou por medo -pensando que a xente se lles botaría enriba-  e, cando viu que había soporte social, quixo reverter a súa actuación para xustificarse e quedar ben.

R.G. -  Eu creo que o Concello actuou por medo, mais o caso é perverso porque é o Concello que contrata para que se faga unha cousa, ti fas esa cousa para a cal foche contratado e, como a situación se pode tornar en contra de ti, denúnciante e comenzan a botar merda. Non é só unha actuación cobarde, senón tamén perversa.


Que delitos se vos imputan exactamente?

A. L. - Enaltecemento do terrorismo e un delito contra as liberdades constitucionais que normalmente se coñece como incitación ao odio. O de enaltecemento, impútanolo pola famosa faixa. Na acta de prisión, tanto o xuiz como a fiscalía din que tanto ten o contexto en que se mostra esta faixa ou aquela lexenda, que o feito de a mostrar, independentemente do contexto, xa é vitorear a banda terrorista. Nas declaracións que fixemos durante o xuízo, dixemos que esta faixa tiña relación cun contexto e que non tiña nada a ver com enaltecer ou vitorear o terrorismo. O segundo delito, a incitación ao odio, non sabemos ben por que se nos imputa. Tal como está descrito, é un delito previsto para casos de machismo, discriminación racial ou por motivos de orientación sexual; por unha chea de cousas que non teñen nada a ver coa nosa obra, que non atenta contra ningún grupo ou persoa indvidual nestes termos. Quer dicir, podería ser unha crítica a xuíces, policías, violadores, .. Mais non sabemos en que se basean para dicir que incitamos ao odio contra a policía, por exemplo; isto é, non sabemos que xustificación teñen para imputarnos este delito. De feito, cando les o auto de prisión, non hai ningunha proba nin ningún indicio que faga mención concreta ao motivo polo cal se nos imputa ese delito.

R. G. - Non está argumentado. O único que din é que hai escenas ofensivas e violentas, mais ben... A sensibilidade de cada quen... Todos temos diferentes sensibilidades e ofender, podes ofenderte por diferentes cousas... Mais, escenas violentas, nas obras de fición, hai montes. Aliás, o xénero do porrete ten un grande grao de violencia, mais non é unha violencia explícita, non é unha violencia gore, que fira a sensibilidade do público, son xogos e dinámicas tradicionais; non é unha violencia ferinte, senón unha violencia cómica.

A prisión. Como é? Como é a relación entre presos e funcionariado?

A. L. -  Como compría agardar. Os funcionarios teñen unha actitude de prepotencia e distanciamento cos presos, mais tampouco convivimos com eles. No interior da prisión, o funcionario é o que te leva á cela e o que te trae o jantar. Os que limpan xa son ordenanzas, quer dicir, outros presos que fan esta tarefa. Realmente, a xente con que teñen máis relación os presos é con outros presos. A relación cos funcionarios é nula porque, se non é para pedir instancias e outras burocracias, non tratan com eles; e o trato que teñen os carcereiros cos presos é moi despectivo... Penso que é unha cousa que non sorprende. O trato é o que imaxinábamos... até que o ves e te dás conta que é así.

R. G. - Non pode ser doutro xeito. Hai uns que están alí pola forza e outros que son os que exercen esa forza para que sigan alí. Non teria sentido ter unha relación amigabel con eles.


Estivestes sob o réxime de especial seguimento (FIES).  Que significa? Como o vivistes persoalmente?

A. L. - O réxime FIES ten moitas condicións que limitan a vida dos reclusos. A nós, realmente o FIES aplicáronnolo unicamente no que se refere ás comunicacións externas, quer dicir, para limitar estas comunicacións, controlalas, gravalas. Só nos deixaban escribir dúas cartas un día por semana. Os presos en réxime FIES estan sós na cela, mais, a nós si que nos deixaron compartillar cela. Tampouco nos requisaron os libros, xa que, se es FIES só podes ter dous libros e dúas revistas. Inspeccionan continuamente a túa cela e, con iso, xustifican non te deixaren ter moitas cousas porque, para eles, é máis fácil levar a termo a inspección se tes poucas pertenzas. Tamén nos impedían chamar por teléfono. É duro, porque non sabes canto tempo estarás dentro, xa que estás en preventiva. E se non podes comunicarte coa xente de fora... esa incerteza é o peor.


R. G.
- No noso caso, supuxo unha inspección de cela, mudarnos de cela fora do módulo que nos habían asignado e ir á galeria FIES, que é unha galería mais vixiada. Non temos constancia dos nosos, mais os carcereiros fan informes periódicos sobre a túa conduta, o teu comportamento no patio, con que presos te relacionas e con quen non...

Corregideme se me engano: estivestes incluídos no rexistro de presos perigosos FIES3BA ainda que a acusación era enaltecemento do terrorismo e non pertenza a banda armada. Como explicades iso?

A. L. -  Pois, non ten boa explicación.... Primeiro, en teoría, non hai nada que o impida, mais está máis ou menos estipulado no regulamento interno penitenciario que os presos en preventiva non poden entrar en réxime FIES porque iso atenta contra a súa presunción de inocencia. Realmente, a prisión preventiva xa atenta contra a túa presunción de inocencia, mais se vé que iso non... Primeiro, reclúenos como FIES estando en preventiva, cousa que non é habitual, mais tampouco ilegal. Despois, trasládanos a FIES3, que é por delitos relacionados con pertenza a banda armada, ainda que non pertenezamos nin se nos acuse diso nin haxa proba algunha desa pertenza. Reclúenos en FIES3, mais tampouco se nos aplica na súa totalidade, como dixemos antes, unicamente para filtrar as nosas comunicacións. O que procuraban realmente era iso e aplicáronolo por iso. Podrían ternos posto no FIES5, onde fican todos... para eles é o seu caixon de xastre... Mais, como o que procuraban era o control das nosas comunicacións, aplicáronos o FIES3. En termos mediáticos, tamén é más escandaloso que nos apliquen o réxime FIES por pertenza a banda armada, ten mais chicha. Mais realmente, non tiña sentido algún que nos puxesen sob o réxime FIES nin por unha cousa nin pola outra.

R. G. - Eles xustificárono dicindo que era pola nosa propia seguranza e pola seguranza da prisión. Nunha entrevista que nos fixeron os funcionarios de seguranza e intelixencia da prisión insistiron nas relacións que tíñamos con xente de fora e se esas relacións podían pór en risco a seguranza da prisión. Absurdo. Na comunicación de ingreso di o mesmo.

A.L. - Coa intervención das chamadas pretenden que non haxa accións coordenadas con xente de fora. Falaban de evitar que puidésemos seguir directrices de xente de fora que nos falasen de folgas de fame... Os FIES tamén os xustifican así. Esta é unha das razons que dan para defender os FIES cando les o regulamento.


Como valorades o papel da prensa en casos como o voso?

R. G. - Unha reflexión conxunta que fixemos é que, mediaticamente, o caso era unha gulodice para para a prensa: O Concello de Madrid, títeres, crianzas e ETA. Por desgraza, o tema dos tireteiros ainda vende. E os medios de comunicación, que non só teñen intereses partidistas, senón tamén empresariais, publican o que sexa con tal que venda.

O xuiz Moreno arquivou a causa pola cal se vos investigaba por enaltecemento do terrorismo e derivouna a un xulgado ordinario. En que situación xucidicial estades agora?

A. L. -  O xuiz arquivou a causa de enaltecemento do terrorismo de maneira provisoria, non é un arquivo libre. Iso quer dicir que non hai ningunha proba de que este delito teña sido cometido, mais que, como el non pode entrar na nosa mente, non sabe que intencionalidade teníamos. Quer dicir, que non hai delito, mais non sabe se queríamos cometer ese delito. Este é o recurso que nós interpuxemos, pendindo que o arquivo sexa libre. El ten tamén potestade para arquivar o outro delito -incitación ao odio- que di que xa non é competencia da Audiencia Nacional e que derivou a un xuiz ordinario. Nós recorremos as dúas cousas. Foi a AN quen nos acusou dos dous delitos, portanto, entendemos que ten a mesma potestade para arquivar os dous. De feito, o mesmo día fíxose público o arquivo do caso de Alberto Sanjuán e Gloria Muñoz, acusados do mesmo delito por representar a mesma obra que nós. Ten competencia total. Agora mesmo, a situación legal é esta: estamos reocrrendo a decisión do xuiz.

R. G. - De momento, continuamos estando acusados do delito de incitación ao odio, que implica penas de entre un e catro anos de prisión, quer dicir, que é mais grave que o enaltecemento do terrorismo. Pasarán meses antes de que o caso sexa trasladado a outro xulgado se o noso recurso non ten o efecto que esperamos. Este novo xulgado decidirá se continúa instruindo o caso e se imos a xuizo. Retiráronos as medidas cautelares, iso si; xa non temos de ir asinar regularmente aos xulgados e din que nos devolverán os pasaportes cando pasemos por la Audiencia.

 
 

Cristina Castaño Gómez