You are hereA resposta institucional ante o abuso sexual infantil

A resposta institucional ante o abuso sexual infantil


AGAMMME (ed.)

 

 

 

 O texto, cofinanciado polo Parlamento de Galicia, pretende ofrecer unha ferramenta útil para coñecer certos aspectos do abuso sexual infantil que adoitan dificultar a comprensión das vítimas e en consecuencia o tratamento institucional que estas reciben.

Consta dunha recompilación de cinco artigos realizados por persoas de recoñecido prestixio na materia a nivel estatal e internacional: o xuíz Carlos A. Rozanski, a psicóloga experta en trastorno disociativo Sandra Baita, a psicóloga especializada en vitimoloxía Sonia Vaccaro, o psicólogo experto en mediación familiar Manuel Lopo e a psicóloga do Centro de Información dos Dereitos da Muller do Concello de Vigo, Felisa Balboa.

Tendo en conta que no 80-90% dos casos o abuso se produce no seo da familia, que os únicos testemuños adoitan ser a vítima e o vitimario e que na inmensa maioría das ocasións non causa lesións que teñan como único diagnóstico o abuso sexual, a proba central para a investigación deste tipo de delitos é o testemuño do neno, nena ou adolescente vítima. Arredor deste asunto xira o libro, observado dende cinco diferentes puntos de vista.

O proxecto enmárcase no traballo realizado por AGAMME dende a súa creación en 2010 para que se recoñeza o verdadeiro impacto e dimensión da problemática (segundo o Consello de Europa “1 de cada 5” menores de idade sofren abuso sexual), para que se sitúe ás vítimas no centro do procedemento e que este se adapte ás súas necesidades e para que o abuso sexual sexa recoñecido como un problema de interese público.

 

Etiquetas