You are herePeden o arquivo da causa aberta contra 9 militantes de Causa Galiza

Peden o arquivo da causa aberta contra 9 militantes de Causa Galiza


Proposición non de Lei no Parlamento Galego
13/02/2017

O grupo parlamentar do BNG rexistrou unha Proposición non de Lei pola cal insta o Parlamento de Galiza a condenar o proceso de ilegalización contra Causa Galiza e pide o arquivo da causa aberta contra  9 militantes desta organización independentista, ao tempo que denuncia a “ utilización do aparello institucional do estado na persecución de ideas políticas democráticas”.

O grupo nacionalista lembra que en decembro de 2016 a Audiencia Nacional tivo que reverter a decisión adoptada un ano antes de suspender de actividades Causa Galiza . No entanto, a pesar desta decisión e o “recoñecemento implícito da falta de base para a acusación”, o tribunal "mantén o procesamento de nove militantes desa organización".

“Non é un caso isolado”

O que acontece con Causa Galiza debe de encadrarse “nun contexto de fundo retroceso en materia de liberdades e dereitos democráticos elementares”, afírmase na PNL, que denuncia a utilización “da xustiza (Audiencia Nacional), das forzas policiais e da administración do Estado para perseguir ideas políticas, en concreto para perseguir o independentismo político galego”.

Perante un escenario como este, o BNG entende que Parlamento e goberno galego deben “tomar parte activa na reivindicación ao Estado do exercicio de dereitos democráticos individuais e colectivos”.

Ver aquí o texto da Proposición non de Lei.

Etiquetas