You are hereO grupo nocturno da Policía Local de Lugo de bares en horas de servizo

O grupo nocturno da Policía Local de Lugo de bares en horas de servizo


Fotografados ás 01:30 nunha cafeteria
17/02/2017

Trece axentes da Policía Local de Lugo, a totalidade do grupo do servizo nocturno, foron vistos à 01:30 da pasada quinta-feira (16/02) nunha cafeteria da cidade en horas de traballo, cando deberían "«estar patrullando as rúas e velando pola seguridade dos cidadáns, que é a súa obriga e para o que lles pagan o seu salario», denunciou a concelleira Olga Louzao (Ciudadanos).

«Vixiaban os gorilas ou celebraban a nova RPT en que saen moi beneficiados con subas de 450 euros ao mes?», pregúnta a concelleira, que insiste en saber se «se contan con autorización dos superiores xerárquicos e da súa xefa directa, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, da que dependen estatutariamente, para abandonaren as súas responsabilidades deste xeito e facelo con total impunidade e á vista da cidadanía que lles paga e que observa atónita estas actitudes».

 

Etiquetas