You are hereManifestación nacional polo arquivo da causa "Operación Jaro"

Manifestación nacional polo arquivo da causa "Operación Jaro"


Próximo 23 de Abril
15/03/2017

 As 9 persoas encausadas na ‘Operación Jaro’ convocan unha manifestación nacional para demandar o arquivo da causa que a Audiencia Nacional mantén contra elas desde hai 17 meses. Embora revogase en decembro de 2016 a ‘ilegalización’ de Causa Galiza, o tribunal mantén contra elas a acusación de “integración en banda armada” e “enaltecemento do terrorismo”.

A mobilización terá lugar o vindeiro 23 de abril

Este colectivo vai dirixirse nos vindeiros días aos axentes políticos e sociais de Galiza para informalos da actual situación do proceso que se segue contra as 9 persoas encausadas e, ademais, solicitarlles o apoio para a manifestación do 23 de abril. Unha mobilización que toma o relevo da que decorreu en xaneiro de 2016 contra a ilegalización de Causa Galiza e que reuniu centos de persoas en Compostela. Máis de 80 axentes políticos e sociais denunciaron ao longo destes meses o proceso contra a organización independentista.

Arquivo ou xuízo

Chao Dobarro, avogado das persoas encausadas, explica que está a piques de finalizar o primeiro período de investigación, estimando que pode estar concluída en “catro ou cinco semanas”, sendo entón a quenda das partes (defensa e fiscalía” para se pronunciaren. Tres son os escenarios que se poden dar, indica o avogado. “Que se prorrogue a investigación seis meses máis, que se arquive a causa, ou ben que e abra xuízo oral”. A defensa xa solicitou o arquivo da causa contra estas nove persoas.

Desde a contorna das persoas acusadas lembran que as acusacións que se barallan nesta fase contra elas poden abranguer entre 10 e 20 anos de prisión para cada un. De a causa non ser arquivada, podería darse un escenario dun xuízo en que para cada unha das persoas encausadas houbese un ‘paquetes personalizado’ de acusacións.