You are hereVítima identifica durante o xuízo tres axentes que a torturaron

Vítima identifica durante o xuízo tres axentes que a torturaron


No traslado e nos calabouzos da G.C. de Madrid
16/03/2017

S.B. reviviu na segunda sesión do xuízo que se segue na Sección Primeira da Audiencia de Bizkaia contra catro gardas civís por torturas, o sufrimento inflixido por un número indeterminado de axentes que participaron no seu traslado de Bilbo a Madrid, onde, nos calabouzos do instituto armado, continuaron ameazas de violación, pancadas e vexacións.

En varias ocasións, o seu relato foi entrecortado polos saloucos ao lembrar o calvario que padeceu desde que a montaron nun vehículo en Arrigorriaga. Mais tirou forzas para volverse, ollar á cara aos acusados e identificar e especificar cal foi o seu papel nun inferno que non apagará nunca da mente.

A preguntas da súa avogada, Jone Goirizelaia, foi ollando para cada un deles, citando o que lembraba da intervención dos gardas civís durante a súa detención pola súa militanza política en 2010. «Ese é o que me puxo encima da mesa durante un interrogatorio e ameazou con violarme, ese é o do coche e o da esquina é o que me tomou declaración», sinalou entre bágoas.

Quen coa súa denuncia logrou despois de tres arquivos sentar no banco os catro axentes chegou ao Palacio de Xustiza de Bilbo, onde estaba citada a declarar en calidade de testemuña, entre berros de ánimo de persoas concentradas desde 90 minutos antes da hora prevista para a continuación da vista. Portaban unha faixa coa lema "Inpunitateari Stop", e lanzaron consignas de «Hemen torturatzen dá», «Garda Zibila, alde hemendik» e «Ez ez ez, torturarik ez».

Esas mensaxes de apoio repetíronse logo no interior da sede xudicial, onde decenas e decenas de persoas apiñábanse nunha fila improvisada para accederen á sala mesturadas con decenas e decenas de gardas civís. Custou que arrincará a sesión até se conseguir a repartición equitativa da sala entre o público de ambas as partes, con algún que outro berro.

«Un shock absoluto»

A.B. comezou respondendo as cuestións formuladas pola súa avogada. Explicou como se produciu a súa detención nun apartamento onde residía soa, os primeiros berros na escuridade duns homes que se abalanzaron sobre a súa cama. «Foi un shock absoluto», apuntou antes de lembrar o rexistro da casa da súa avoa, a primeira visita aos forenses de Bilbo, o traslado a Donostia ao domicilio da nai e o retorno ao Botxo para cursar nova visita aos forenses.

Todo mudou, engadiu, cando en Arrigorriaga abandonou un Patrol para subir á parte traseira dun turismo, onde lle puxeron un anteface. Berros e empuxóns foron a antesala á advertencia de que «comezaba o bo» e que «o ía a pasar mal». «Tiráronme a camisola, baixaron os pantalóns e as bragas até os nocellos», relatou, á vez que dixo «pensaba que non tiña nada que facer», «batíanme, tocábanme, rían do min, insultábanme, chamábanme puta... Era un caos».

Xa no coche puxéronlle a bolsa e, cando se revolvía pola asfixia, mallaban nela. «Un caos total», repetiu. Tamén lembrou que un dos dous homes que ían con ela atrás «era un pouco gordito, non tiña cabelo. Tocábame, chamábame puta e dicíame: imos violarte». A.B. seguiu narrando pancadas, insultos, máis vexacións e como lle fixeron coller un obxecto metálico. Dixéronlle que era unha pistola coa que ían lograr que non saíse libre.

Á súa chegada á Dirección Xeral da Garda Civil, asistiuna un forense mais non lle preguntou polo trato durante o traslado. De aí á sala de interrogatorios, onde se repetiron insultos e golpes. «Eu sentíame como unha merda», confesou. Tivo arcadas, comezou a tosir e ameazáronna con obrigala a engolir o que parecía que ía a vomitar.

Mandáronna espirse, non o fixo e forzárona a cumprir as ordes. Ameazárona con que un, "O Francés", ía violala. A.B. rompeu entón a chorar, crebada polo recordo. Puxérona, dixo, sobre unha mesa e entrou o citado axente, que lle espetou o que segue: «Onde está esa filla de puta, que a vou violar?». «Díxome -insistiu nun relato estarrecedor- "de aquí non saes, e se non colaboras vou violarte e non vas saír de aquí, non vas poder ter fillos filla de puta, non vas poder ser nai e non vas poder saír de aquí"». A detida apuntou que «estaba absolutamente histérica».

«Impotencia e inseguridade»

«De puro desespero», tratou de «dar cabezazos contra a parede», e, ao se daren conta os gardas, volvéron ameazala. Ela sabía ademais que quedaban moitas horas de incomunicación: «É unha sensación de impotencia e inseguridade absoluta, de que non es nada, de que poden facer contigo o que queiran», subliñou.

Nese estado de desespero, o forense da Audiencia Nacional volveu cursar unha visita. «Non me dixo nada, que estivese tranquila, non escribiu nada». A detida sentiu «totalmente desorientada» e «bloqueada» despois de que lle volvesen practicar «a bolsa», repetíndose os golpes e as posicións forzadas.

O fiscal preguntoulle por que non manifestara nada ao forense, en Madrid, da situación que estaba a vivir. «Para que lle ía a dicir que me baixaron os pantalóns, se non era capaz de darme un analxésico?», contestoulle Barrenetxea, engadindo que «esperaba que actuase como un médico». A testemuña confesou que «é difícil ter un relato coherente e completo» do que viviu eses días.

Unha sicóloga defende a veracidade do relato da vítima

Non toda a sesión de onte do xuízo centrouse no relato da vítima. Tamén a sicóloga Olatz Barrenetxea acudiu para esclarecer o contido do informe pericial que, en base ao Protocolo de Istambul, dá «absoluta» veracidade ao que a denunciante di ter sufrido. O caso da bilbaina é un dos 120 informes redactados por esta especialista que están en poder o Instituto Vasco de Criminología e foron entregados á instrución xudicial.

«A conclusión a que eu cheguei é que o relato de S.B., con toda a sintomatología que se apreciaba e con todos os resultados do test, ten máxima consistencia, é absolutamente cribel», manifestou a preguntas da acusación particular, para afirmar que «é imposibel simular» o relatado polos denunciante anos despois daqueles feitos, que ten «unha rotura importantísima no vínculo» e «moita infravaloración da identidade».

Esta sicóloga clínica, especializada en traumas, explicou que a denunciante presentaba «un trastorno de tensión postraumática, sintomatoloxía depresiva, que entón era leve, e moito trastorno de ansiedade», engadindo que «existe unha concordancia entre a historia dos síntomas físicos e sicolóxicos e as incapacidades agudas e crónicas que parece coa descrición da tortura».

A preguntas do fiscal, a perita desvelou que era tal o trauma de S.B. que, ao facerlle unha das entrevistas, comezou a hiperventilar con risco de asfixia ao lembrar o sufrido en dependencias do instituto armado.

Antes, durante o seu interrogatorio, S.B. explicou ao letrado da defensa, Carlos Aguilar, que «ir a un sicólogo non é un grolo fácil. Asumir como non es capaz de xestionar a túa vida esixe un proceso persoal para asumir que ti non tes a culpa». Á vítima custoulle acudir, sendo tratada desde outubro 2013 por unha especialista, quen lle diagnosticou «unha síndrome depresiva con ansiedade xeneralizada». «Un estado permanente de alerta e nerviosismo, que fai que a súa ansiedade sexa continuada e coarte a súa liberdade e posibilidade de vivir unha vida normal», explicou. Un detalle tremendo é que S.B. sentía «máis tranquila» no cárcere, ao non estar a mercé dos axentes que a interrogaron.A.G.

Ler máis.