You are hereFiscal arremete contra a vítima e defende policía acusado de mutilación

Fiscal arremete contra a vítima e defende policía acusado de mutilación


Balas de goma a xuízo
16/03/2017

No xuízo celebrado o pasado 15/03 na Audiencia de Barcelona por mutilación de ollo causada por un bala de goma, o fiscal, David Viñambres, confunde os papeis e somete a un duro interrogatorio a vítima (O.A.), cuestiona a súa versión dos feitos e defende a inocencia do mosso d'esquadra acusado de provocar a lesión durante a celebración da Champions no ano 2009.

"Exerce a acción penal procedente cando o xuiz da causa puxer no seu coñecemento indicios dun delito perseguíbel de oficio, é responsábel de outorgar protección ás vítimas e as testemuñas". Esta é a definición das competencias da fiscalía. En contradición con ela, o pasado 15/03, na sala de vistas da sección 10 da Audiencia de Barcelona, David Viñambres, fiscal que actúa sob as ordes de Ana Maria Magaldi, interrogou duramente O.A., vítima dunha bala de goma, sentado no banco cun ollo mutilado.

Ó.A. ficou estupefacto cando Viñambres lle dixo "mais vosté sabía que algunha cousa ía pasar, non o colleu por sorpresa", nun intento do fiscal de demostrar que na mañá do 28 de maio de 2009, na confluencia do paseo de Gràcia coa rúa Diputació se vivía unha situación de algazarra xeneralizada. "Vosté viu unha barricada?", espetoulle a seguir, ao que Ó.A. contestou "non, non había ningunha barricada". Máis tarde, o mesmo fiscal matizou que a "barricada" estaba constituída por "un grupo de persoas en fileira e diversas motocicletas". A preguntas da súa avogada, Ó.A. explicou que el e o resto de viandantes camiñaban tranquilamente polo paseo de Gràcia, en direccion Muntanya, cando un mozo lanzou unha botella de vidro a un furgón policial. "De feito, o que fixen foi sinalar o mozo que lanzara a garrafa e a seguir recibin o impacto na cara", explicou.

O fiscal non ficou por aquí e quixo aprofundar na tese exculpatoria do policía. "Vosté recibiu orde de disparar? Estaba a unha distancia de cincuenta metros?", preguntas a que o antidisburtios Vicenç H.P. respondeu afirmativamente. Pola contra, Ó.A. manifestou que a bola de goma foi disparada desde unha distancia de entre doce e quince metros, incumprindo os protocolos da policía catalá, onde se di que a distancia mínima há de ser de cincuenta metros e mediando o procedemento do rebote en terra.

O policía insistiu en que había na confluencia superior da Bolsa unha barricada con colectores de lixo, testos e motocicletas, un extremo que contradin as imaxes das cámaras de videovixilancia aportadas á causa. Un amigo da vítima -que o acompañaba a noite dos feitos- ratificou a súa versión: "camiñabamos con normalidade, con familias e crianzas a carón, non vimos ningunha baricada".

Estratexia de autor "non coñecido"

Tal como aconteceu no xuízo pola mutilación de E.Q., a estratexia da defensa é xerar confusión entre os membros do tribunal, alegando que no lugar e o momento dos feitos xulgados foi efectuado mais dun lanzamento de proxécteis de caucho. Atendendo á traxectoria errática das balas de goma e ao feito de non estaren numeradas, no caso de E.Q. a avogada do antidisturbios manifestou que era "imposíbel determinar" se a bala de goma causante da lesión proviña do furgón E-40 ou do E-414.

No caso de Ó.A., o avogado dos servizos xurídicos da Generalitat, Josep Lluis Florensa, afirmou que foron dous os axentes do furgon Dragó 110 os que dispararon. Non poder determinar cal das balas de goma provocou a lesión é a escusa legal para pedir a absolución. En ningún caso se investigou un posíbel delito de enconbrimento. Compre lembrar, no entanto, que a Generalitat de Catalunya é a responsábel civil subsidiaria das lesións e as secuelas, e por iso a acusación particular pede unha indenización de 180.000 €.

Ler máis.