You are hereDescarcelación. Principios para una política pública de reducción de la cárcel

Descarcelación. Principios para una política pública de reducción de la cárcel


EsCULcA

 

 

 Descarcelación formula un programa ambicioso: o dunha progresiva e constante superación do cárcere e, entretanto, o dunha drástica redución da pena de prisión baseándose nunha serie de principios e estratexias que deberían inspirar unha política penal racional e respectuosa dos dereitos humanos (...).

O cárcere funda a súa intacta supervivencia, xustamente na impunidade das violacións dos dereitos que acontecen dentro dos seus muros, e na indiferenza da opinión pública e dos medios de información. Non é soamente unha institución segregadora senón que é tamén unha institución segregada, é dicir marxinalizada polo interese, a visibilidade e a atención do mundo exterior (Prefacio, Luigi Ferrajoli).

Vivimos un proceso de bulimia penal que foi, e continúa a ser, o resultado dunha miopía política que sempre estivo orientado cara á frenética procura de consenso por parte da sociedade que, insegura a nivel social, proxecta os seus medos sobre potenciais agresores e pide máis penas, máis cárcere, case encerrando as súas contradicións atrás dunha parede infranqueábel.

O resultado concreto é a drástica redución de dereitos, até a exclusión social dos individuos máis problemáticos ou percibidos como perturbadores e o seu resultado cultural é a afi rmación dunha lóxica binaria do tipo "amigo/ inimigo" como analxésico para non ler os problemas complexos que requirirían focaxes multidisciplinares (Epílogo, Mauro Palma).

Unha decidida política de dereitos humanos, non pode seguir dando as costas a un amplo conxunto de Dereito internacional dos dereitos humanos que debe ser a auténtica guía que oriente a produción normativa e as prácticas institucionais. A falta de compromiso na execución das Recomendacións internacionais que emanan das Organizacións e Institucións cuxa competencia foi aceptada polos Estados membros, constitúe unha proba palmaria da desobediencia gobernamental á orde xurídica internacional. Fronte a eses Estados desobedientes, esta obra describe o empoderameinto dunha sociedade civil organizada que pode e debe empregar estratexias de des-carceración permanente que conten coas demandas dos propios afectados polo cárcere (Iñaki Rivera Beiras).

Etiquetas