You are hereMenores palestinos en prisións sionistas

Menores palestinos en prisións sionistas


Libro dixital gratuito
EsCULcA

Hai un ano, un tribunal militar israelí anunciou que cinco menores do poboado de Hares ( Mohammed Kleib, Mohammed Suleiman, Amer Souf, Tamer Souf e Ali Shamlawi!), na Palestina ocupada, terían que pasar 15 anos en prisión.

Despois de seren forzados a asinar "confesións" e obrigados a aceptaren un "acordo" sob ameaza de seren encerrados por máis tempo se non o facían, os cinco adolescentes foron condenados a ser liberados aos 30-31 anos de idade, despois de perderen case a metade da vida nunha prisión colonial.

Hai un ano, o tribunal militar sionista xa recibira os 30.000 shekels (7.500 dólares) da familia de cada un dos mozos -un total de 150.000 shekels (37.500 dólares)- a maneira de "multa" e "compensación" á familia da muller (colona ilegal) que sufriu un accidente viario en que unha das súas fillas resultou gravemente ferida. O accidente provocou a ocupación militar de Hares e o secuestro e encarceramento dos 5 adolescentes.

Para conmemorar este tráxico aniversario, a Campaña Internacional pola Liberdade dos Mozos de Hares lanzou un libro dixital titulado: "Os Mozos de Hares: de Palestina á prisión israelí". O libro dixital, que contén un resumo do caso, unha análise do sistema penal militar e penal sionista, un resumo da campaña de tres anos pola liberación dos adolescentes, e reflexións sobre a conexión entre as loitas contra o imperialismo e o encarceramento político en todas partes, está dirixido ás persoas de conciencia en todo o mundo.

Estudantes, activistas, políticos, traballadoras de dereitos humanos, xente nova e maiores de idade, nais, pais: convidámosvos a vis pór do lado correcto da Historia. A defender a liberdade onde quer que sexa pisada. A defender a xustiza onde quer que sexa violada e negada.

O libro dixital pode ser compartillado gratuitamente.

Etiquetas