You are hereA Garda Civil encobre un mando que pide nas redes un novo Franco

A Garda Civil encobre un mando que pide nas redes un novo Franco


E expedienta dous axentes que o denunciaron
18/04/2017

A Garda Civil abriu expedientes disciplinares a dous axentes que denunciaron os comentarios franquistas de M.A.P.V, cabo do posto de Bóveda (Lugo), difundidos na súa conta en Facebook polo menos até finais de 2015. Os altos mandos do corpo encobriron o axente e acusaron os denunciantes de "falta grave por cometer falsidade no seu parte".

Actitudes ditatoriais

Fontes da Garda Civil describen o cabo como un mando "con actitudes ditatoriais cos seus subordinados", que provocou "situacións de tensións insoportabeis" e "baixas por motivos psicolóxicos" aos dous axentes que finalmente o denunciaron.

A reprobábel actitude do cabo "é coñecida polo sarxento, a máxima autoridade do posto en Bóveda, o capitán de Monforte e polo tenente coronel de Lugo", con todo, ningún dos dous mandos tomaron cartas no asunto a favor dos axentes, segundo as mesmas fontes.

O cabo tería sido avisado da denuncia dos gardas, polo que apagou os seus comentarios franquistas de Facebook e limitou o acceso á súa conta na rede social aos amigos.

"Franco, único, necesitamos un como el"

Nas mensaxes datadas en 2014, M.A.P.V. comparte textos en que aparece a imaxe do ditador Franco xunto a frases como "O máis grande" ou "Único, necesitamos un como el. Algún voluntario?".

Ler máis.

Etiquetas