You are here5 anos de prisión por desordes após concentración solidaria en Compostela

5 anos de prisión por desordes após concentración solidaria en Compostela


Impeden a entrada do público à vista oral
20/04/2017

Nos Xulgados de Compostela celebrouse hoxe (20/04)  a vista oral contra N. e I., a quen se acusa dun delito de desordes públicas, sen que familiares e outras persoas fosen autorizadas a entrar na sala. Varias persoas presentaron Queixa formal. A fiscalía pide pena de 2 anos e seis meses de prisión para N. Para I. alén da mesma pena, solicita tamén 8.000 euros en concepto de danos.

O 9 de xaneiro de 2013 tivo lugar na Praza de Cervantes unha concentración en solidariedade con Hadrián Mosquera, ‘Senlheiro’, mozo de Ames que acababa de ser detido, acusado de facer parte de Resistencia Galega, e ao que se aplicaba a coñecida como ‘lei anti-terrorista’. Finalizada a concentración, varias persoas iniciaron unha manifestación espontánea que percorreu varias rías da cidade e acabou con enfrontamentos coa Policía.

Tres meses despois, un operativo policial detén a N. e procede a rexistrar a súa vivenda no cadro do que fontes policiais afirmaban que era unha operación relacionada cos incidentes acontecidos após a concentración de xaneiro. Seis meses despois daquel 9 de xaneiro, I. recibe notificación da súa imputación por causa do acontecido aquel día.

O xuízo poderia ser declarado nulo 

Impedir o acceso do público ao xuízo é grave, mesmo podería ser causa de nulidade do xuízo (art. 680 LACrim: "Os debates do xuízo oral serán públicos, baixo pena de nulidade, sen perxuízo do disposto no artigo seguinte")

A publicidade dos xuízos é unha garantía dos cidadáns para evitar que a xustiza sexa impartida polos xuices en secreto.

Está recollida no art. 24.2 de Constitución ("Asimesmo, todos teñen dereito [...] a un proceso público ...").

Para evitar a publicidade dos debates do xuízo e preciso que o xuíz declare que a celebración se fará a porta pechada, solución excepcional que ten que ser razonada nos termos expostos no art. 681 LACrim.

As queixas polo sucedido deben ser dirixidas o Consello Xeral do Poder Xudicial directamente.

Só as parte poden pedir a nulidade do xuízo.

 

Ler máis.