You are hereCorrexir algúns dos efectos negativos do réxime de isolamento penitenciario

Correxir algúns dos efectos negativos do réxime de isolamento penitenciario


Un pequeno paso en Catalunya
20/04/2017

Unha auditoria encarregada pola Dirección dos Servizos Penitenciarios da Generalitat de Catalunya confirma que o duro réxime a que son sometidas as persoas internas en confinamento solitario nos penais cataláns non só provoca grande sufrimento a quen o padece, tamén produce efectos contrarios aos supostamente pretendidos. Justìcia anuncia un plan de choque.

As persoas recluídas en réxime de isolamento permanecen 20 horas por día fechadas na cela -21 se acaban de entrar no cárcere-. Amiúde reciben asistencia psicolóxica apenas unha vez por semana, nalgúns centros non fan actividades en grupo e a maioría non ten programas individualizados de tratamentos nen accede a obradoiros de traballo. Estas son algunhas das deficiencias detectadas pola auditoría que Serveis Penitenciaris encarregou hai un ano. O documento tamén salienta que a reclusión en tan duras condicións non conduce a unha mudanza de actitude nas persoas que a padecen.

Á vista dos resultados, a consellaría de Xustiza da Generalitat anunciou a posta en marcha dun plan de choque que será aplicado progresivamente en todas as cadeias da Catalunya daqui a meados de 2018.

O proxecto prevé duplicar as horas de actividade fora da cela até un máximo de 6 horas diarias -contando as horas de patio e actividades- . Tamén prevé deseñar un programa de tratamento individualizado para cada persoa interna en isolamento e aumentar entre un 25% e un 50% as horas de atención con persoal de tratamento.

O que non está previsto no plan é a modificación da situación das persoas recluídas en réxime de confinamento solitario por sanción. Nestes casos as persoas son castigadas con 14 días en isolamento -que poden ser prolongados até dúas veces- e as saídas da cela redúcense a 2 horas diarias. Os tratamentos son inmediatemente suspendidos.

Ler máis.