You are hereRacismo sanitario duplica en ano e medio segundo REDER

Racismo sanitario duplica en ano e medio segundo REDER


Documenta 3.340 casos de exclusión sanitaria
21/04/2017

No seu relatorio Cinco mitos para cinco anos de reforma sanitaria,  a rede de defensa da sanidade Reder documenta 3.340 casos de exclusión sanitaria desde 2014, o dobre dos que contabilizou hai pouco máis de ano e medio. Unha de cada catro persoas que foron excluídas si tiña dereito a recibir atención sanitaria pola súa condición de menor de idade ou muller grávida.

M. L. é unha boliviana que chegou ao Reino de España vítima dunha rede de tráfico con fins de explotación sexual. Cando M. L. acudiu a urxencias para que a atendesen das lesións provocadas por unha agresión machista, recibiu unha factura polos custos. Pasaron os meses. M. L. ficou grávida e, cando acudiu ao hospital para dar á luz, volveron cobrarlle a atención recibida. En total, acumula xa unha débeda de 30.000 euros coa Axencia Tributaria.

M. L. é unha das moitas iniciais dun número de catro cifras. Os 3.340 casos de exclusión sanitaria que a Rede de Denuncia e Resistencia ao Real Decreto 16/2012 (REDER) constatou no últimos tres anos debido á reforma sanitaria que se aprobou hai xa un lustro. A rede en defensa da sanidade no Reino de España documentou que os casos de exclusión sanitaria duplicáronse en pouco máis de ano e medio, cando se contabilizaban pouco máis de 1.500.

Precisamente, o caso de M.L. non debería engrosar esta cifra xa que o Real Decreto da reforma sanitaria de 2012 excluíaa -do mesmo xeito que menores de idade-, por esperar un fillo. Con todo esta "desatención é consecuencia da desinformación, as irregularidades e, sobre todo, o labirinto burocrático causado pola ausencia dunha normativa que xunte as directrices das Comunidades Autónomas e a nacional". Quen fala é Manuel Espinel, presidente de Médicos do Mundo en Madrid, unha das organizacións encarregadas de elaborar o informe Cinco mitos para cinco anos de reforma sanitaria.

Co obxectivo de presentar este documento e as súas conclusións, Reder representou esta quinta-feira unha acción de denuncian no centro de Madrid, onde levaron a cabo unha escenificación urbana para que, así, os cidadáns poidan experimentar "a escena Kafkiana" que supón para algúns o acceso á sanidade, o que desde esta organización cualifican de "racismo sanitario".

Como o de M.L., Reder documentou 146 casos de mulleres grávidas, 243 de menores, 26 de persoas solicitantes de asilo e 341 casos de denegación ou de facturación indebida da atención en urxencias. En total, 756 persoas con dereito a atención médica -a pesar de non ter cartón sanitario- que non a recibiron no transcurso do últimos tres anos. É dicir, un de cada catro casos recollidos incumpre a lei.

No seu informe, esta organización documentou 687 casos de persoas excluídas a pesar da aprobación de distintas directrices autonómicas que atenuaban o Real Decreto. "O problema é que en moitos centros de saúde, aínda que na súa Comunidade Autónoma obxectaron a aplicación da normativa de 2012, ficaron coa idea de que non se debe atender sen cartón sanitario", explica Espinel. A día de hoxe, todas as comunidades autónomas, fóra de Castela e León e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla, contan con algunha medida deste tipo.

Ler máis.