You are hereAbrindo Fronteiras Ourense: Que foi das persoas refuxiadas?

Abrindo Fronteiras Ourense: Que foi das persoas refuxiadas?


Concentración reclama medidas urxentes
15/05/2017

Convocadas por "Abrindo Fronteiras Ourense", case un cento de persoas reivindicaron o pasado 9 de maio medidas para solucionar a situación dos millares de persoas que fuxindo da guerra, a fame e a miseria tentan chegar a Europa, onde as reciben fronteiras blindadas ou acampamentos ateigados en condicións infrahumanas en que son encerradas por longos períodos de tempo.

Co fin de que os dereitos das persoas refuxiadas sexan garantidos de forma efectiva e as súas vidas protexidas, Abrindo Fronteiras Ourense reclama a urxente aplicación das seguintes medidas:

1. Permiso para solicitar asilo en embaixadas e consulados.

2. Programa de reasentamentos permanentes dende terceiros países.

3. Visados humanitarios.

4. Reagrupación familiar.

5. Eliminación de obstáculos mortais nas fronteiras.