You are here Malos tratos e comida caducada en varios centros de menores en Valencia

Malos tratos e comida caducada en varios centros de menores en Valencia


A Generalitat leva o caso á Fiscalía de Menores
18/05/2017

Indicios de malos tratos, duchas frías, comida caducada, edificios ruinosos... eran as condicións de varios centros de acollida de menores da Comunitat Valenciana agora pechados. A vicepresidenta e consellera de Igualdade, Mónica Oltra,  denunciou que o anterior goberno renunciara a inspeccionar os centros e entre os anos 2012-2015 só realizou seis informe dos 80 centros de acollida.

Na Comunidade Valenciana a cifra atinxe o número de 3.805 menores que vien en centros específicos (30%) ou en familias de acollida. A Generalitat decidiu levar os informes á Fiscalía de Menores para que determine se se produciron situacións puníbeis pola Xustiza .

O obxectivo da Generalitat é, após realizar unha inspección e os seus respectivos informes, o de desistitucionalizar o maior número de menores posíbel e promover o acollemento en familias.

Ler máis.