Cárceres galegos
19/06/2017

O Centro Penitenciario da Lama posúe o triste récord de ser a prisión do Reino de España en que se rexistraron máis mortes “non naturais”. Alí morreron nos últimos dez anos 35 persoas por causas “non naturais”. Ningún outro cárcere se achega a estas cifras, aínda que o penal de Teixeiro tamén se sitúa como o cuarto presidio con máis mortes “non naturais”.

Ler o artigo completo


Sindicato policial reclama "sancións exemplares"
14/06/2017

Na mobilización do pasado sábado en Compostela as forzas de seguranza identificaron 116 persoas, que serán propostas para sanción administrativa por 3 faltas, algunha de até 30.000 € de multa . O delegado do goberno español na Galiza, Santiago Villanueva, recoñecía nunha entrevista na Radio Galega que a policía facía seguimento de persoas polo simples feito de se manifestaren.

Ler o artigo completo


En Compostela polo CSO Escárnio e Maldizer
13/06/2017

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galiza denuncia as identificacións constantes, as agresións físicas, as ameazas de sancións administrativas por fotografar policías ou a imposición do borrado de imaxes a que someteron a/os informadora/es axentes policiais durante a manifestación do pasado sábado en Compostela contra do despexo do CSO Escárnio e Maldizer.

Ler o artigo completo


por inhabilitar o expresidente do Parlamento vasco
13/06/2017

A Sala, presidida pola maxistrada Helena Jäderblom, considera que o Reino de España vulnerou o artigo  6.1 e 3 da Convención europea de Dereitos Humanos ao non escoitar persoalmente a versión das tres persoas condenadas -Juan María Atutxa (PNV), Gorka Knorr (EA) e Kontxi Bilbao (EB-EU)- por negárense a disolver o grupo parlamentar de Batasuna (Sozialista Abertzaleak). 

Ler o artigo completo


No cárcere de Soto del Real
12/06/2017

"Eskerrik asko" (obrigado). Así, con ese berro, A.M. de A., un dos mozos de Altsasu imputados pola disputa nocturna con dous gardas civís, quería agradecer aos integrantes de tres colectivos xuvenís que acudiran ao exterior do cárcere de Soto del Real para mostraren a súa solidariedade. Foi no sábado 3 de xuño. A.M. de A. está hoxe en isolamento, castigado por agradecer a visita.

Ler o artigo completo


Denuncian nais e pais
12/06/2017

A Lei establece que todos os centros públicos deben ofrecer a posibilidade de cursar relixión católica, mais só como materia optativa. Malia isto, un grupo de pais e nais do Instituto de Ensino Secundario de Ames denuncia que os horarios disponibeis no centro “obrigan na escolla dalgunhas materias a coller relixión católica”. E non é o do instituto de Ames o único caso.

Ler o artigo completo


13º Relatório anual da CPDT
09/06/2017

A Coordenadora para a Prevençom e Denúncia da Tortura apresenta, por décimo terceiro ano consecutivo, o seu relatório sobre tortura e/ou maus tratos no EE. Ainda que neste ano som menos as agressons policiais em movilizaçons sociais, aumenta o número de abusos contra migrantes. O relatório recolhe 9 casos acontecidos na Galiza que afectarom um total de 11 persoas.

Ler o artigo completo


Sen datos sobre persoas acollidas até agora
09/06/2017

A próxima semana os Xardíns de Méndez Núñez, na Coruña, estarán ocupados por un campo de refuxiados improvisado por Acampa con tendas que veñen dos campamentos gregos. A iniciativa pretende reivindicar o dereito a refuxio e concienciar a xente da necesidade de reclamar ao estado que acolla as 17.37 persoas que se comprometeu a acoller.

Ler o artigo completo


Partirá de Barajas o 14 de xuño
08/06/2017

O Grupo de Traballo Stop Deportacións, integrado na campaña de ámbito estatal polo encarramento dos CIEs, alerta que a próxima cuarta-feira, 14/06/2017, partirá un novo vóo de deportación con destino Colombia. Ainda que o vóo partirá do aeroporto de Madrid, as capturas de inmigrantes serán levadas a cabo en todo o territorio do Reino de España.

Ler o artigo completo


2014 - Contra a LOMCE en Vigo
08/06/2017

Hoxe quinta-feira 8 de xuñ, terá lugar o xuízo de O., N. e S. Están acusadas de “desordes públicas”, “atentado contra a autoridade” e “lesións”, enfrontándose a peticións de prisión de seis anos para cada. O seu suposto delito: participaren da manifestación convocada em Vigo por Agir, os Comités e a Liga Estudantil Galega com motivo da greve estudantil do 20/02/2014.

Ler o artigo completo